Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15

BLEDA Y ROSA: XEOGRAFÍA DO TEMPO

19 Outubro 2018 - 20 Xaneiro 2019
Comisariado:
Nuria Enguita
Artistas:
Bleda y Rosa

Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) articulándoo arredor da serie Campos de batalla: un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez. A mostra ábrese con Campos de fútbol (1992-1995), o primeiro proxecto que obtivo recoñecemento público, unha serie que, establecendo unha dialéctica entre lugar, tempo e memoria, anuncia os eixes conceptuais arredor dos que posteriormente xirará o seu traballo. A exposición complétase con obras pertencentes ás series Origen (2003-) e Prontuario. Notas en torno a la guerra y la revolución (2011-).

Bleda y Rosa, que recibiron en 2008 o Premio Nacional de Fotografía outorgado polo Ministerio de Cultura de España, son unha das referencias máis destacadas da fotografía española contemporánea. O seu traballo propón, desde unha excelente factura formal, unha interrogación crítica sobre as imaxe e a historia, sobre a relación entre o pasado e o presente, e sobre os discursos e visións que atravesa esa relación.

Organizan: Bombas Gens Centre d’Art, Museo Universidad de Navarra, Centro Galego de Arte Contemporánea

Folleto da exposición

Vídeo de presentación (María Bleda, José María Rosa y Santiago Olmo)