Carrusel de imaxes de exposición

MIRADA PAÍS

04 Decembro 2018 - 24 Febreiro 2019
Comisariado:
Alberto Carton
Artistas:
Manuel Eirís, Rubén Ramos Balsa, Carme Nogueira, Pamen Pereira
Con motivo do ciclo Mirada país, que acollen o CGAI (A Coruña) e o CGAC (Santiago de Compostela) entre o 6 de novembro e o 20 de decembro, o museo presenta, en formato exposición, unha selección de pezas pertencentes á súa colección, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos, que completan as películas proxectadas nas sesións. Coidamos que, precisamente, o indicador cronolóxico permite unha relación entre a historia particular de cada artista e a historia intermediaria (a historia-tempo, que foi o seu agora e está a ser o seu agora), en que as escollas —obras de referencia e transcendencia icónica, obras de resistencia e insistencia— describen non só as súas afinidades ou disonancias creativas e as súas formalizacións, senón tamén a aceptación do medio audiovisual como sistema narrativo en que as ferramentas e dispositivos tecnolóxicos reforzan a sincronía coas linguaxes da imaxe e co seu uso descritivo, canda as mutacións de significados e a súa capacidade de se adaptar ás novas estruturas de comunicación.