Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6

WE REFUGEES

28 Xuño 2019 - 20 Outubro 2019
Comisariado:
Piedad Solans, Santiago Olmo
Artistas:
Varios

Aínda que nos últimos anos as noticias televisivas e o periodismo catapultaron á primeira plana o fluxo de refuxiados como un problema, a historia do século XX está atravesada polo drama de conflitos e millóns de persoas desprazadas, exiliadas, expatriadas e refuxiadas. A propia historia da humanidade está construída desde o desprazamento forzoso, a fuxida e o asilo. Este proxecto retoma o título dun coñecido ensaio de Hannah Arendt publicado en 1943 en Menorah Journal, una prestixiosa revista xudía de Nova York, co obxectivo de indicar e sinalar a universalidade do exilio e a construción de sociedades democráticas desde a protección do dereito de asilo.

A exposición trata de resituar o problema dos refuxiados desde unha perspectiva complexa, evitando os elementos sensacionalistas da inmediatez periodística e apuntando a unha reflexión máis histórica que teña en conta o modo no que as nosas sociedades se construíron igualmente desde o exilio, co exilio e a través do exilio.


ARTISTAS PARTICIPANTES

PEGGY AHWESH

CAROLE ALFARAH

EUGENIO AMPUDIA

FRANCISCO DE GOYA

SUSO FANDIÑO

ÂNGELA FERREIRA

ROLAND FISCHER

MARCOS ÁVILA FORERO

REGINA JOSÉ GALINDO

MARIAM GHANI

ELNAZ JAVANI

ROGELIO LÓPEZ CUENCA Y ELO VEGA

ANTONI MUNTADAS

ADRIAN PACI

JESÚS PALOMINO

EL PERRO

ALEXANDRA RANNER

LARISSA SANSOUR

WAEL SHAWKY

CLAUDIO ZULIAN

Folleto da exposición

Vídeo de presentación

Audio encontro co público