Carrusel de imaxes de exposición

Abel Azcona durante el proceso de escritura en A Casa Branca (©Ramón Yoshimura)
Abel Azcona: “Largo ensayo a cuerpo presente sobre el derecho a no haber nacido y otras derivas”, 2024. Colección CGAC
Iñigo Royo: “Satélites”, 2003. Colección CGAC
Iñigo Royo: “Satélites”, 2003. Colección CGAC
Regina Silveira: “Quimera”, 2003-2011
Regina Silveira: “Quimera”, 2003-2011
ARIADNA SILVA_Friccions nº 6
Ariadna Silva: Serie “Friccións” núm. 6, 2022-2023. Colección CGAC
LUIS SEOANE_ELENA MONTERO_A sega
Luis Seoane & María Elena Montero: “A sega”, c. 1979. Colección CGAC
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

ILLA IGNORADA. Colección CGAC

12 Xuño 2026 - 12 Febreiro 2027
Primeira planta
Comisariado:
Sara Donoso
Artistas:
Alberto Ardid, Abel Azcona, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Amparo Garrido, Regina Giménez, Fina Mantiñán, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Iñigo Royo, Luis Seoane & María Elena Montero, Regina Silveira, Ariadna Silva Fernández

Illa ignorada propón unha reflexión sobre a creación artística como exercicio de resistencia e cuestionamento, onde o íntimo, o espazo privado e o propio marco circunstancial operan como un mapeo para abordar o territorio do común.

A mostra reúne unha selección de obras pertencentes á Colección CGAC, na súa maioría procedentes de adquisicións realizadas nos últimos anos, sen que ningunha delas fose previamente exposta neste centro.

O título parte do texto Illa ignorada, de Gloria Fuertes, que encabezou o seu primeiro libro de poemas. A través da metáfora identitaria, a autora afonda na comparación da voz poética como unha illa íntima, recluída, pero capaz de proxectar a súa dimensión espiritual e crítica. Neste sentido, a exposición céntrase na idea do ser humano como un ente individual pero interdependente.

Dividido en tres actos, o percorrido funciona a modo de tránsito entre o eu e o outro. Na primeira sala, despréganse os anhelos privados, o corpo vulnerable ou os procesos de individuación. A abordaxe da experiencia íntima habilita un escenario de reciprocidade ao asumirse como reflexo das nosas propias inquietudes. Unha segunda parte preséntase como espazo liminar, como advertencia sobre a construción da imaxe e a súa capacidade para modelar a percepción, interrogando os mecanismos de representación da realidade. Con esta pregunta en mente, na terceira sala cítanse proxectos que se nutren da súa contorna próxima para evidenciar as súas filias e as súas fobias, identificando un imaxinario compartido respecto á conformación do territorio.

A experiencia subxectiva, a memoria ou o rastro do cotián conforman unha primeira válvula que impulsa o acto expresivo para activar unha ferramenta de lectura universal. Baixo a premisa de que todas as persoas somos illas que se relacionan nun arquipélago social, a exposición visibiliza relatos que corren o risco de quedaren fóra do foco. Aquí a obra de arte resoa coma un eco, desbordando o particular para codificar novas interpretacións psicolóxicas, simbólicas, políticas ou culturais desde as que recoñecernos.