III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Martes, 16 de Xuño do 2020

O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a terceira edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fin de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.

Nesta ocasión o ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro nalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.

Os autores premiados nas anteriores edicións foron o artista Rosendo Cid (Ourense, 1974), pola súa reflexión acerca da práctica artística contemporánea titulada A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria, e a crítica, investigadora e comisaria María Marco (Vigo, 1979), polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea.

Composición do xurado:

Pola orde do 16 de xuño de 2020 (DOG núm. 127 de 29 de xuño ) convócase o III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea así como as bases que regulan a súa concesión.

No artigo 12 da Orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.

En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo12.2 da Orde da convocatoria.

Resolvo:

Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do III premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea ás seguintes persoas:

Presidente:

  • Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC).

Vogais:

  • Alberto Ruiz de Samaniego, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidad de Vigo) crítico de arte e comisario de exposicións.
  • David Chao Castro, profesor da  Facultade de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela).
  • Natalia Poncela López, crítica de arte e comisaria de exposicións.

Secretaria:

  • Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.