MÁSTER DE ARTE, MUSEOLOXÍA E CRÍTICA CONTEMPORÁNEAS

Este máster céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abranguendo dende aspectos conceptuais e prácticos sobre a crítica, ata o mundo dos museos e as exposicións, a súa xestión, a súa produción e montaxe, didáctica e demais actividades envorcadas no achegamento da arte á sociedade actual. Está orientado a todos aqueles que se queiran formar como profesionais especializados nas necesidades reais da demanda laboral que existe por parte das institucións públicas: museos, centros de arte, galerías, fundacións, etc. Para entender todos estes fenómenos adoptaranse fronte aos métodos tradicionais, modelos transversais e de maior profundidade conceptual e teórica.

Información na USC
http://www.artecontemporaneo.org.es