Visitas sen cita previa

1 Xaneiro 2023 - 31 Decembro 2023
O primeiro sábado de cada mes
Ás 12:00 horas

O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC. Durante o transcurso destas visitas falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade que o acolle.

1 Xaneiro 2021 - 31 Decembro 2021
Todos os domingos
Ás 12:00h

Todos os domingos (excepto os que, por requirimentos de montaxe, non haxa exposicións), o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

16 Xuño 2017 - 31 Decembro 2017
Sábados e domingos ás 13:00 h

Dan Graham. Triangular Pavilion (1997). Instalación permanente na terraza do CGAC. O acceso ao espazo realizaranse baixo o supervisión do persoal do centro.

7 Maio 2013 - 14 Decembro 2017

7 maio - 11 xuño Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para as exposicións Miguel Palma: Desconforto moderno e Colección CGAC: adquisicións e incorporacións recentes.

9 Xuño 2015 - 18 Xuño 2015

En plena primavera chegan novas citas do Programa de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.

27 Xaneiro 2015 - 10 Febreiro 2015

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico para as exposicións A orde das primeiras cousas e máis É Capital.

2 Decembro 2014 - 9 Decembro 2014

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico para as exposicións de Hospitalidade. Obras da colección e Rosendo Cid. O enxeño da escaleira.

25 Setembro 2014 - 29 Outubro 2014

Novas citas do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionales do ámbito cultural e artístico para as exposicións de Juan Uslé. Luz oscura, Mark Manders. Curculio Bassos e Diego Santomé. Peza de esquina e outros espazos en conflito.

6 Maio 2014 - 10 Xuño 2014

Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.