Visitas sen cita previa

VISITAS GUIADAS ÁS EXPOSICIÓNS OS DOMINGOS

Durante todo o ano
Todos os domingos
Ás 12:00h
Centro Galego de Arte Contemporánea
Coordinación:
Departamento de actividades e educación
Prazas:
25 máximo
Duración:
50 minutos

Todos os domingos (excepto os que, por requirimentos de montaxe, non haxa exposicións), o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h. O grupo formarase por orde de chegada. As visitas terán unha duración aproximada de 50 minutos.

 

Persoas destinatarias:

Adultas