Visitas guiadas a arquitectura

VISITAS GUIADAS Á ARQUITECTURA E Á HISTORIA DO CGAC

Durante todo o ano
O primeiro sábado de cada mes
Ás 12:00 horas
CGAC
Coordinación:
Departamento de Actividades e Educación
Prazas:
25 máximo
Duración:
Duración aproximada de 50 minutos.

O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC. Durante o transcurso destas visitas falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade que o acolle. Percorreremos desde o pórtico exterior ata a cuberta do edificio na que está instalada de xeito permanente a obra Triangular Pavilion do artista Dan Graham. Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h e terán unha duración aproximada de 50 minutos. O grupo formarase por orde de chegada.

Persoas destinatarias:

Adultas