VISITAS GUIADAS POR PROFESIONAIS DO ÁMBITO CULTURAL E ARTÍSTICO 2015 II

09 Xuño 2015 - 18 Xuño 2015

En plena primavera chegan novas citas do Programa de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico. Este é o calendario:

Manuel Vilariño. Tectónica
9 de xuño: Alberto Ruíz de Samaniego. Profesor de estética da Universidade de Vigo e Comisario da exposición

Val del Omar. La mecamística del cine
18 de xuño: Ramiro Ledo. Montador, cineasta e socio traballador de NUMAX, S. Coop. Galega, onde dirixe a programación e a xestión do cinema NUMAX

As visitas non requerirán cita previa. Partirán da recepción do CGAC ás 19 horas e terán unha duración de 60 minutos