O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.
- Inicio
- Prepara A Túa Visita
- Visitas Con Cita Previa
Visitas con cita previa
Nestas sesións didácticas, tanto presenciais coma en liña, realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. Ademais, durante a conversa, combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.
O obxectivo desta actividade é achegar a arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
O obxectivo deste actividade é achegar á arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
Durante as sesións, tanto presenciais coma en liña, achegarémonos á arte contemporánea cunha presentación de imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC. Exemplificaremos a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.
O obxectivo desta actividade é estimular o interese dos máis pequenos pola creación artística contemporánea e que aprendan experimentando coa arte. Nestas sesións didácticas presenciais realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes tipoloxías de museos contemporáneos.
