Visitas guiadas cita previa ás exposicións

VISITAS GUIADAS ÁS EXPOSICIÓNS

20 Setembro 2022 - 30 Xuño 2023
CGAC
Coordinación:
Departamento de Actividades e Educación
Prazas:
25 máximo
Duración:
Ciclo de educación infantil. Visita-taller: 60 minutos
Ciclo de educación primaria. Visita-taller: 90 minutos
Ciclo de educación secundaria, bacharelato e adultos: 50 minutos

O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

No caso dos grupos escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria, o persoal do Departamento de Actividades e Educación deseña, ademais, talleres didácticos específicos para complementar a visita ás mostras artísticas.

Duración aproximada das visitas:

  • Ciclo de educación infantil. Visita-taller: 60 minutos
  • Ciclo de educación primaria. Visita-taller: 90 minutos
  • Ciclo de educación secundaria, bacharelato e adultos: 50 minutos

Calquera colectivo que o desexe pode solicitar unha visita guiada escribindo unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com. Os grupos deberán ser dun mínimo de 5 e dun máximo de 25 persoas. O correo deberá conter a seguinte información: o nome do centro ou da persoa que formula a solicitude, o número de persoas de que consta o grupo, a súa idade e nivel de formación, o día e a hora en que desexan realizar a visita, un número de teléfono e un enderezo de correo electrónico.

Todas as visitas son de balde