Ágnes Mócsy, física teórica húngara-estadounidense e membro da American Physical Society, é profesoravisitante no Departamento de Física da Universidade de Yale e catedrática no Instituto Pratt de Brooklyn, en Nova York.
Tras máis dunha década investigando como se formou a materia tan só uns instantes despois do BigBang, Ágnes identificou que existía unha brecha entre o seu mundo físico e todo o que quedaba fóra. Convencida de que a física é accesible para todos, empezou a combinar dúas das súas paixóns -a arte ea ciencia- e encamiñou a súa carreira cara a unha exploración da interseccionalidad e a fusión de dous mundos aparentemente non relacionados.
Partindo da frecuente dicotomía arte-ciencia, nesta conferencia explorará a complexa e ás veces inesperada relación que comparten a física e as artes.
Unha abordaxe elaborada desta conexión brinda oportunidades para novas e máis ricas formas narrativas sobre a ciencia, así como enfoques educativos pouco convencionais. Mediante a diversificación do pensamento, a intelixencia e acreatividade, a unión física-arte pode romper os estereotipos e permitir un compromiso máis amplo coa ciencia, ademais de inspirar a diferentes estudantes a interesarse na física e ser unha experiencia aleccionadora para a comunidade científica.
Esta conferencia, promovida polo Instituto Galego deFísica de Altas Enerxías (IGFAE), forma parte das actividades organizadas na súa II Semana da Ciencia e do programa ArtLAB.
Martes 12 de novembro
Horario: 20:00 a 21 horas
Lugar: auditorio CGAC.
Entrada gratuíta ata completar localidades, con tradución simultánea.
ORGANIZA: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) y Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
