CHRISTIAN VILLAMIDE. ENTRE A PAISAXE E O TERRITORIO. Taller de artista
Christian Villamide reflexiona no seu traballo sobre a construción da paisaxe, a idea de territorio e a especulación ou mercantilización dos espazos naturais. Dentro desta liña, o taller Entre a paisaxe e o territorio combinará un pequeno bloque teórico de achegamento á obra do artista e debate cun apartado práctico onde as persoas asistentes realizarán unha instalación site-specific. Christian Villamide proporá o punto de partida dunha peza que se ha ir desenvolvendo de xeito colectivo.
PROGRAMA
26 NOVEMBRO
MAÑÁ
Presentación
Proxección dunha selección dos traballos do artista relacionados coa liña do taller
TARDE
Mesa redonda e debate. Reflexión individual e colectiva ao redor das tensións que xorden do actual binomio artificial-natural
27 NOVEMBRO
MAÑÁ
Realización dunha instalación in situ
Realización dunha obra colectiva a partir dunha proposta do artista
TARDE
Debate sobre temas de interese expostos no transcurso do taller
INSCRIPCIÓN
As persoas interesadas en participar deberán enviar os seus datos persoais e de contacto ao correo electrónico cgac.prensa@xunta.gal.
PLAZO DE INSCRIPCIÓN
Do 15 ao 24 de novembro
