
As fitas que conforman o ciclo son as seguintes:
A film (Hisham Bizri, 2010) Líbano. 8 min. Un vídeo poema sobre o amor. Un cineaasta libanés fotografa unha muller en París que é trapecista, modelo, amante e nena. A película intenta capturar o momento situado entre a somnolencia e a o sono.
Dru (Jihane Chouaib, 2009) Francia. 15 min. Unha coreografía filmada sobre as relacións entre o home e a muller. Loitan no chan. Corpo contra corpo. Intentan derrubarse? En calquera caso, ninguén se vai render.
Dot (Eid Abdel Latif, 2009) Exipto. 3 min. Película de animación en branco e negro que reflexiona sobre a transformación do punto en liña.
Missing (Tariq Rimawi, 2010) Xordania/Reino Unido. 3 min. Poética curtametraxe de animación que denuncia a guerra e a súa tráxica repercusión nos máis débiles.
The last passenger (Mounes Khammar, 2010) Alxeria. 7 min. Un mozo salta desde un cantil, pero antes de desaparecer para sempre, a súa alma visita por derradeira vez dous dos seus amores imposibles: unha muller e un escenario. Premio á mellor curtametraxe no Festival de Cannes 2010.
Al Massilah (Peter Webber, 2009) Qatar. 4 min. Unha carreira é un duelo para dous cabaleiros no deserto de Qatar.
Exit (Mohanad Yaqubi, 2009) Palestina/Francia. 10 min. Video arte e performance sobre a relación entre o corpo e o espazo urbano.
The Power of generations (Mohammed Jassim, 2010) Bahrein. 3 min. Video arte. Un home ve pasar o tempo. Sucédense varias xeracións.
Máis info en: www.festivalamal.es