CONVERSA CON JEFF WALL

Este xoves ás 19.30 horas o auditorio do centro acollerá unha conversa do artista Jeff Wall xunto a Joël Benzakin, comisario da mostra, e Miguel von Hafe, director do centro. A entrada será de balde até completar aforo.

A exposición O sendeiro sinuoso concebida e organizada polo Centro de Belas Artes de Bruxelas (Bozar) en colaboración co CGAC será inaugurada el próximo sábado, día 12. Nela examínase o contexto que propiciou o desenvolvemento da obra de Jeff Wall e, a través dunha ampla escolma tanto das súas obras coma de doutros astistas, aspira a percorrer a traxectoria das preocupacións estéticas do fotógrafo.