CONVERSAS COLECTIVAS

05 Xullo 2013

Venres, 5 de xullo, na sala de exposición terá lugar a lectura pública na que se presentarán os resultados do traballo realizado polos participantes no taller Conversas colectivas co artista Ricardo Basbaum ao longo da semana.

As conversas colectivas son accións que buscan integrar a escritura e a súa emisión sonora a través da voz e da fala, en relación cos distintos niveis discursivos que están presentes na obra de arte contemporánea. Construídas sempre en grupo, de maneira multivocal e polifónica, buscan actuar no campo de emisión rítmica da instalación presente no espazo expositivo xunto aos diagramas e os obxectos.

A lectura será gravada en directo e a seguir o arquivo sonoro da conversa colectiva será incorporado á exposición.