
30 abril
O documental recolle o traballo que o grupo danés Efterklang realizou en Piramida, preto do Polo Norte, para crear o seu último disco. O director, Andreas Koefoed segue aos membros do grupo na súa expedición para cazar sons polo pobo fantasma de Piramida, un antigo asentamento mineiro que quedou despoboado a finais dos anos noventa. O proceso creativo de Efterklang entretécese coas vivencias de Alexander, un antigo habitante do pobo que vai reconstruíndo a memoria colectiva da poboación a partir de recordos e imaxes. A película foi premiada no festival IDFA de Amsterdam.
O documental proxectarase en versión orixinal subtítulada en castelán e comezará ás 20.30 horas. Entrada será gratuíta até completar a capacidade do auditorio.
O vindeiro 1 de maio no marco do ciclo Sons 13, a banda Efterklang inaugurará o Festival Sinsal 11 coa presentación do seu disco Piramida no Teatro Principal de Santiago de Compostela.