
El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.
HORARIO: 20.30 h.
LUGAR: Auditorio
Entrada libre até completar a capacidade da sala
26 abril
Joana Biarnés, una entre todos (2015)
Dirección e guión: Òscar Moreno e Jordi Rovira; Produción: Òscar Moreno e Xavier Baig; Director de fotografía: Xavier Baig; Montaxe: Xavier Baig; Deseño de son: REC produccions e Xavier Baig; Produción executiva: Òscar Moreno, Jordi Ambròs e Andrés Luque.
España. 72 min.
V.O. en catalán e castelán, con subtítulos en castelán.
29 marzo
Virán tempos mellores (2014)
Dinamarca. 95 min.
Versión orixinal en danés con subtítulos en castelán.
A historia: Niels Stockholm é un granxeiro de 79 anos que se dedica á agricultura biodinámica. Traballa a terra coa súa muller Rita ao norte de Copenhagen. A súa filosofía vital baséase na idea de que o home e a terra están conectados co universo e, por isto, cultiva os seus alimentos en estrita sincronía co calendario lunar para conseguir a máxima harmonía co cosmos. Os alimentos da súa granxa, frescos e de excepcional calidade, pódense consumir nos mellores restaurantes do mundo, entre eles o prestixioso restaurante NOMA, na capital danesa. No entanto, Niels debe enfrontarse a múltiples problemas que perturban o seu día a día. A súa granxa ten que adaptarse ás normativas e regulamentacións dunhas autoridades que son indiferentes aos seus principios biodinámicos. Pero a súa maior preocupación é sentir que a súa vida se achega ao final e non ten ningún sucesor que poida seguir co seu soño.
23 febreiro
Cómo cambiar o mundo (2014)
Dirección e Guión: Jerry Rothwell; Edición: James Scott; Director de fotografía: Benjamin Lichty; Documentación: Elizabeth Klinck e Lloyd Davies e Produción: Met Filme, Daniel Film e Insight Productions.
Reino Unido, Canadá. 112 min.
Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.
O director: Jerry Rothwell é un documentalista inglés recoñecido internacionalmente grazas a películas como Donor Unknown, Town of Runners ou Deep Water. Ademais, traballou como produtor e editor de distintos proxectos. En 2012 gañou o prestixioso premio da Royal Television Society. O seu próximo proxecto, titúlase Sour Grapes, é para a plataforma Netflix e está codirixido por Reuben Atlas.
Despois da proxección do documental terá lugar unha charla-coloquio ofrecida por Greenpeace Santiago de Compostela.
Ficha
26 xaneiro
Grecia: reinventarse para vivir (2014)
Dirección e guión: Elena Zervopoulou; Produción executiva: Elena Zervopoulou; Dirección de fotografía: Elias Adamis, Elena Zervopoulou; Montaxe: Kenan Akkawi; Son: Elena Zervopoulou; Música: Drog_A_Tek; Produción: One Vibe Films.
Grecia. 78 min.
Versión orixinal en grego con subtítulos en castelán.
A historia: Giorgos, sen teito tras sufrir os efectos da depresión económica, loita para reconstruír a súa vida; ao mesmo tempo, Ilias implícase no grupo de activistas do movemento da pataca para facerlles fronte ás grandes cadeas de alimentación a través da solidariedade e a democracia directa; pola súa banda, Grigoris vaise da cidade coa súa familia para buscar unha vida mellor no campo. Mentres a crise segue ampliando as desigualdades en toda Europa, a coraxe destes tres personaxes lémbranos que as persoas podemos cambiar a nosa realidade diaria.
Un retrato da recesión grega a través de tres homes que deciden coller as rendas do seu destino para cambialo. Pode ser esta crise unha oportunidade para reinventarnos a nós mesmos e como sociedade?
A directora: Elena Zervopoulou estudou Etnopsicología na Universidade de París 5. Traballou con familias de inmigrantes en París e foi consultora da UNESCO nun proxecto sobre nenos da rúa en Madagascar. Ten o Máster en Antropoloxía e Cinema Documental da Universidade de Nanterre. Realizou distintos proxectos documentais para ONG de todo o mundo. Dirixiu a curtametraxe Sex Gypsies (2012), que forma parte da serie documental Why Poverty? da BBC. Esta é a súa primeira longametraxe.