DATAS: domingos 3 de abril, 1 de maio e 5 de xuño
HORARIO: 18:30 horas
Entrada libre e gratuíta
O primeiro domingo de cada mes ás 18:30 o CGAC organizará un filocafé na súa cantina.
Os filocafés son conversas públicas cun enfoque filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera disciplina ou nivel de coñecemento.
As sesións estarán dirixidas por Celso Fernández Sanmartín (filósofo, poeta e contador de historias) a partir dunha obra da Colección CGAC.
Unha vez ao mes, unha obra de arte sairá dos almacéns do museo para acompañarnos no debate e dialogar como un contertulio máis mentres degustamos un café.
A peza elixida empregarase como punto de partida para a conversa. Pero non se vai falar de arte, ou non só de arte, senón de calquera tema que suxira a obra nun nivel conceptual, formal ou anecdótico. Poderase falar de ciencia, gastronomía, política, música, filosofía, cine, estética, actualidade... cousas mundanas ou elevadas, de xeito que todas as persoas que o desexen poidan opinar e achegar as súas reflexións sobre os temas que vaian xurdindo de maneira espontánea.

Celso Fernández Sanmartín
Dinme na casa que nacín un día de setembro de 1969 en Lalín, e os papeis así o oficializan, a partir de aí, teño a meu avó ensinándome a poñer a horta, a miña avoa temperando brasas na palma da man…; a primeira experiencia escolar, dura; a universitaria en Santiago coa filosofía, frutífera, imantada coas artes plásticas e a antropoloxía; coa poesía, inabarcable; a experiencia laboral como animador de persoas maiores nunha residencia, moi intensa, e como sempre fun amante do story telling, agora son contador e todo o demais.
COORDINACIÓN: Virginia Villar