Horario: de 18.30 a 20 h.
Entrada libre e gratuíta.
Un ano máis, o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 h, desde outubro ata xuño (agás no mes de xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría. Este ano a Asociación Galega da Crítica unirase aos filocafés no CGAC.
Os filocafés son conversas públicas enfocadas desde un punto de vista filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.
As sesións estarán dirixidas por profesionais de diversas disciplinas como Quico Cadaval (dramaturgo, actor, monologuista), Arturo Casas (poeta e profesor de Teoría da Literatura e Literatura comparada), Beatriz Busto Miramontes (antropóloga, etnomusicóloga), Inma López Silva (escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática), Javier María López Rodríguez (musicólogo, compositor, músico e profesor), Eduard Velasco (libreiro, filólogo, tradutor e poeta) e Xosé Manuel Buxán Bran (crítico de arte, comisario e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra).
Unha vez ao mes, retiraremos unha obra de arte da Colección CGAC dos nosos almacéns para que nos acompañe e propicie un debate ao seu redor. A peza elixida empregarase como punto de partida para a conversa; pero non imos falar de arte, ou non só de arte, senón de calquera cuestión que suxira a obra a nivel temático, conceptual, formal ou anecdótico. Poderase falar de ciencia, gastronomía, política, música, filosofía, cine, estética, actualidade..., cousas mundanas ou elevadas, de xeito que todas as persoas que o desexen poidan opinar e achegar as súas reflexións sobre os temas que vaian xurdindo de xeito espontáneo mentres gozan dun café.
PROGRAMA
1 de outubro. Quico Cadaval
3 de decembro. Arturo Casas
4 de febreiro. Beatriz Busto Miramontes
4 de marzo. Inmaculada López Silva
8 de abril. Javier María López Rodríguez
6 de maio. Eduard Velasco
3 de xuño. Xosé Manuel Buxán Bran
Quico Cadaval naceu no ano 4 a.m.M.M. (antes da morte de Marilyn Monroe) na ría de Arousa, onde deus apoiou o dedo corazón no seu día de descanso, o sétimo. Criouse nunha taberna na que soubo da orixe da vida e da procedencia dos agasallos de Reis antes do prazo indicado polas pedagoxías. Frecuentou vellas que mexaban de pé e xuraban en calquera postura e tamén a escola dun mestre de guedellas leoninas, entusiasta da literatura barroca e do castigo físico, que curtiu a súa personalidade artística. Prevaricou e procrastinou na sua época universitaria con períodos de consumo inmoderado de cánnabis e bebidas fermentadas, o que provocou o escándalo entre os seus influentes amigos junkies. Meteuno no lameiro do teatro un amigo que preferiu unha multinacional dos seguros.
Arturo Casas (A Coruña, 1958). É profesor de Teoría da Literatura e Literatura comparada na USC, acreditado como catedrático en 2013. Ocupouse como investigador da obra de Rafael Dieste e outros pensadores e escritores do exilio republicano, o pensamento estético-literario moderno e posmoderno, os estudos sistémicos e sociolóxicos
Beatriz Busto Miramontes (Santiago de Compostela, 1979). É doutora en Antropoloxía social e cultural, mestra en Educación musical pola Universidade de Vigo e licenciada en Historia e Ciencias da Música e Antropoloxía social e cultural pola Universidade Autónoma de Madrid. Obtivo o título de doutora coa tese “La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo musical a partir del uso del folclore musical 1943-1981”, pola que mereceu a máxima cualificación. O seu percorrido investigador céntrase na construción cultural de Galicia e da súa representación na imaxe cinematográfica de NO-DO a partir do uso do folclore durante a ditadura franquista desde as perspectivas teóricas da etnomusicoloxía. Exerce a súa actividade docente como especialista da área de Música no colexio Divino Maestro nas etapas de infantil, primaria e secundaria e na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, onde centra o seu traballo na educación musical de alumnos de 3 a 5 anos e na área de Etnomusicoloxía para alumnos adultos.
Inmaculada López Silva (Santiago de Compostela, 1978). É escritora e crítica teatral, doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago e diplomada polo Institut d’Études Théâtrales da Université Paris III – Sorbonne Nouvelle. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e membro da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega. Figura nos consellos de redacción das revistas Grial e Revista Galega de Teatro e noutras publicacións relacionadas cos estudos teatrais no ámbito internacional. Centrada na análise da política e institucións teatrais e nos sistemas teatrais emerxentes publicou libros como Resistir no escenario. Unha historia institucional do teatro galego (2015). Tamén é tradutora aogalego da obra dramática de Albert Camus e Jean Genet. Columnista no xornal La Voz de Galicia, acadou o recoñecemento do público e da crítica e recibiu numerosos premios con novelas como Non quero ser Doris Day (2006) e Memoria de cidades sen luz (2008). Ademais escribiu o libro de viaxes New York, New York (2007) e o diario-ensaio feminista Maternosofía (2014). En 2016 publicou a que ata agora é a súa última novela, Aqueles días en que eramos malas.
musicoloxía en revistas como Música y Educación ou Anatomía de la Historia. Impartiu cursos, relatorios e concertos didácticos. Conta con galardóns como o segundo premio de composición do concurso convocado polo Gruppo Europeo Ricerca Musicale Indipendente, e foi finalista da novena edición do concurso internacional de composición Città di Udine e do Counterpoint-Italy’s en 2014. É profesor titular das especialidades de Historia da Música en conservatorio e de Música en ensino secundario, aínda que o máis lle preocupa realmente é que en Galicia cada vez hai menos nenos e nenas.
Foi crítico de arte en diversos medios de comunicación, e froito desta actividade publicou un primeiro volumerecompilatorio dos seus traballos xornalísticos titulado Desprazamentos: a viaxe como unha das Belas Artes (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2014). O seu último libro publicado, Bellos y desconocidos (Laertes, 2015), aborda a temática da fotografía atopada.
COORDINACIÓN: Virginia Villar
