
O auditorio do CGAC acollerá o Foro DAG: propostas de avance para o deseño, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores dirixida a todas as persoas interesadas no deseño e no papel que este debe xogar na sociedade actual.
Un foro articulado en seis mesas de traballo centradas cada unha delas nun tema:
1. A web como medio no contexto da edición
2. Educación e formación en deseño en Galicia
3. A produción do deseño galego
4. A comunicación do deseño galego
5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica
6. O tratamento do deseño galego e a identidade tipográfica
Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán enviar un email a info@asociaciondag.org antes do 5 de febreiro para confirmar a súa asistencia, especificando, ademais a mesa da que queren formar parte.
HORARIO: 12 a 20 horas.
MATRÍCULA: de balde.
Máis info en www.asociaciondag.org