Na súa terceira edición, a feira de arte contemporánea Cuarto Público consolida o seu apoio á produción artística cunha nova convocatoria aberta de participación: o I Encontro de Performance Cuarto Público. Así, este ano a feira comeza no CGAC cunha xornada-preludio dedicada á performance, na que Amaya González Reyes e Nilo Arias presentarán as súas pezas Golpe de efecto e Que je-sais?, premiadas no certame, e a artista Alicia Framis impartirá unha conferencia sobre o seu traballo.
O evento conta co patrocinio da Consellería de Cultura de Xunta de Galicia e o apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea.
PROGRAMA
11:00-17:00 h ⎢ Parque de Bonaval
Que je-sais?, performance de Nilo Arias
12:00 h ⎢ Auditorio do CGAC
Conferencia de Alicia Framis
17:30 h ⎢ Hall do CGAC
Golpe de efecto, performance de Amaya González Reyes
Entrada libre até completar a capacidade dos espazos.