
I XORNADA SOBRE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN ARTE CONTEMPORÁNEA DESDE MUSEOS, CENTROS DE ARTE, FUNDACIÓNS E INSTITUCIÓNS
Estratexias de ensino na escola e a universidade
Coa intención de promover encontros para a reflexión entre os profesionais do sector, o IAC organiza desde 2014 mesas redondas abertas ao público en colaboración con distintas institucións españolas dedicadas á arte contemporánea.
O fin destas xornadas é o diálogo, a posta en común e a procura de fórmulas para a mellora e a excelencia nas estratexias de produción, comunicación e difusión da arte actual.
O primeiro destes encontros, titulado Unha lectura da situación da arte contemporánea española, tivo lugar na Casa del Lector en maio de 2014. O segundo desenvolveuse coa colaboración do Centro Andaluz de Arte Contemporánea (CAAC) en Sevilla en decembro de 2015 e versou sobre os medios de comunicación e difusión da arte contemporánea. A terceira destas xornadas terá lugar en Galicia o vindeiro 7 de abril de 2016. Trátase dunha colaboración do IAC co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) co tema Formación e educación en arte contemporánea na escola, a universidade e en centros de arte e museos.
PROGRAMA
Xoves, 7 de abril
12:00 h. Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Mesa redonda sobre formación artística na universidade. Estratexias de ensino
- Apertura e benvida a cargo de Isabel Durán (presidenta do IAC) e Silvia García (decana da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo)
- Moderador: Javier Tudela (profesor titular del Departamento de Escultura de la Universidad de Vigo)
- Relatores: Silvia García (decana da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo), Juan Fernando de la Iglesia (director do Departamento de Escultura da Universidade de Vigo), Anne Heyvaert (Profesora do Departamento de Debuxo da Universidade de Vigo y coordinadora de Proxectos de Máster) e Ignacio Pérez-Jofre (profesor titular do Departamento de Pintura da Universidade de Vigo)
Audio da mesa redonda [castelán]
17:00 h. CGAC, Santiago de Compostela
Mesa redonda sobre formación e educación en arte contemporánea desde os museos, centros de arte, fundacións e institucións. Estratexias de ensino na escola
- Benvida e presentación a cargo de Santiago Olmo (director do CGAC) e Isabel Durán (presidenta do IAC).
- Moderadora: Isabel Durán
- Relatores: Eduardo López Valiña (conservador xefe da Fundación Granell), Encarna Lago (xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo), Marisa Sobrino (ex catedrática de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, crítica e comisaria de exposicións), Marta Viana (responsable de Comunicación e Actividades do MARCO de Vigo) e Jaime García Crespo (conselleiro delegado da consultora Educación y Sistemas e coleccionista de arte)
Audio da mesa redonda [castelán]
A asistencia ás mesas redondas será libre e gratuíta.
Organiza: Instituto de Arte Contemporáneo (IAC)
Colaboran: Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo)