INTRAHISTORIAS DA ARQUITECTURA IV. Curso en liña de historia da arquitectura
Cada nova edición do curso Intrahistorias da arquitectura pretende achegarnos á arquitectura e ás súas derivadas dun modo diferente. Sen dúbida, a pandemia mudou a nosa visión da arquitectura, o urbanismo, a contorna, o cambio climático e, en especial, a relación da humanidade coa natureza. Por este motivo a edición de 2022 está, máis que ningunha outra, marcada pola relación entre arquitectura e natureza. Unha visión coma sempre transversal, onde repasaremos, en clave actual, a obra e o pensamento de varios referentes neste ámbito. O paisaxismo, a xestión dos recursos naturais, a bioconstrución, o deseño de xardíns, a renaturalización de espazos urbanos, a biofilia e mais os vínculos entre arte, deseño e natureza van estar moi presentes nas sesións deste ano. Como en anteriores edicións contaremos coa presenza de invitados especializados en cada un destes eidos; expertos e expertas que nos acompañarán neste achegamento á arquitectura máis verde.
PROGRAMA
19 ABRIL
Territorio e paisaxe no Antropoceno. Especies e arquitecturas pioneiras
26 ABRIL
Land art: Christo e Jeanne-Claude
3 MAIO
Encontro con Cristina García Fontán
10 MAIO
O deseño do xardín na arquitectura contemporánea
16 MAIO
Activismo e territorio. César Manrique
24 MAIO
Mesa redonda. Permacultura: cidades famentas e outras cidades posibles
31 MAIO
Construír con baixo impacto ambiental. A bioconstrución
7 XUÑO
Antropoloxía e paisaxe social. Ana Asensio
14 XUÑO
Rexeneración ambiental. Políticas ambientais e espazos en transformación
21 XUÑO
Paisaxes resilientes. Miriam García
FERMÍN BLANCO (La Pola, Asturias, 1977) é doutor arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid e arquitecto pola ETSAVA. A súa traxectoria profesional está impregnada polo carácter educativo e divulgativo dos seus proxectos, sempre nun ámbito híbrido entre disciplinas. Comeza a súa experiencia profesional co arquitecto Manuel Gallego (2003-2006) e, a partir de 2006, exerce a profesión desde o seu propio estudio na Coruña.
Durante estes anos realizou exposicións e impartiu cursos e conferencias relacionados coa arquitectura, o deseño e a didáctica. En 2008 funda Sistema Lupo, un paraugas baixo o que actualmente se acubilla un excelente equipo de profesionais implicados no binomio arquitectura-educación. A súa premiada tese de doutoramento, “Los huesos de Fisac: la búsqueda de la pieza ideal”, marcou o inicio dunha serie de proxectos de carácter científico-divulgativo sobre a transferencia do coñecemento desde a técnica e a arte á sociedade. Na actualidade coordina, entre outros, os seguintes programas: Nenoarquitectura, na Fundación Luís Seoane da Coruña; MIES é +, no CGAC; e Mestra de obra e Eskoola proiektua, coas comunidades escolares do sistema público. Ademais é cofundador da asociación Ludantia Arquitectura e Educación.
PERSOAS DESTINATARIAS
O curso está dirixido a estudantes, profesorado e público interesado na historia da arquitectura e a historia da arte, a xardinaría e o paixasismo.
INSCRICIÓN
O prazo de inscrición estará aberto do 22 ao 30 de marzo de 2022. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.pedagogia@xunta.gal no que deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Cada solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación e as indicacións precisas para realizar o pago da matrícula.
CERTIFICACIÓN
O CGAC entregaralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.
