
Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.
O festival desenvolverase durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.
ESPECTÁCULOS NO CGAC
Mércores, 4 de setembro
17:15h - Intervención - CGAC
Dancentergala
17:30h - Proxección - CGAC
Documental Fuera de escena e coloquio coa directora Alejandra Aguirre
Sábado, 7 de setembro
19:.00h - Espectáculo no museo - CGAC
Mostra da Residencia de creación con Bebeto Cidra