KINO GALICIA 2020. II Maratón internacional de creación de curtametraxes
Do 10 ao 18 de febreiro de 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición da Maratón Internacional de Creación de Curtometraxes, unha cita anual que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.
Kino Galicia benefíciase do programa O teu Xacobeo (Xunta de Galicia); e conta co apoio do CGAC, a Film Commission e Turismo de Santiago de Compostela, entre outros.
O obxectivo do maratón é crear unha rede de contactos persoal e profesional de carácter internacional. A filosofía subxacente baséase na axuda mutua, xa que non hai premios nin competición; a recompensa é realizar un curto coa mellor calidade posible, resultado do traballo realizado polo propio equipo, que poderán presentar e promocionar onde queiran.
