MEMORIAS DUNHA IMAXE LATENTE III: CONEXIÓNS NA FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA. Curso de historia da fotografía
Este curso propón unha apaixonante exploración sobre como os diferentes xeitos de entender a fotografía nas últimas décadas configuraron un mapa do estado actual desta arte.
Fuco Reyes ofrece unha visión persoal que tomará como fío condutor o traballo de diversos autores e autoras cuxas motivacións e intencións converxen en temas como a identidade, o territorio, a paisaxe urbana, o corpo e o rostro, a vida íntima, o inexpresivo, a nova fotografía documental, o obxecto e a imaxe construída.
PROGRAMA
29 XANEIRO. Algunhas miradas inclasificables
5 FEBREIRO. Autoría, reprodución e apropiación
19 FEBREIRO. Identidades: o rostro e o corpo I
26 FEBREIRO. Identidades: o rostro e o corpo II
5 MARZO. Novo documentalismo I
12 MARZO. Novo documentalismo II
26 MARZO. A paisaxe urbana
9 ABRIL. A vida íntima
16 ABRIL. O territorio
23 ABRIL. O inexpresivo
30 ABRIL. O obxecto
7 MAIO. Fotografía construída I
21 MAIO. Fotografía construída II
FUCO REYES (Santiago de Compostela, 1965) é fotógrafo, licenciado en Psicoloxía Social e especialista en Psicoloxía Clínica. Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Fotografía Artística Contemporánea, centrou gran parte do seu labor profesional na docencia.
Impartiu cursos e talleres de fotografía na USC e no CGAC, e foi profesor en Node Estudios de Arte Online. Actualmente, dirixe talleres en Eco Escuela de Arte. Realizou diferentes exposicións, entre as que destacan as que tiveron lugar no Xapón, no ano 2010, e no CGAC, en 2013. Tamén recibiu numerosos premios nacionais de fotografía profesional e no 2023 foi galardoado co Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica. É presidente da asociación cultural Fotoforum Compostela.
PERSOAS DESTINATARIAS
Calquera persoa interesada na historia da fotografía
INSCRICIÓN
O prazo de inscrición estará aberto desde o 30 de outubro de 2025 ata o 27 de xaneiro de 2026. As persoas interesadas poden enviar a cgac.educacion@xunta.gal unha mensaxe electrónica na que deberán indicar os seguintes datos: apelidos, nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un número de teléfono de contacto.
Unha vez aceptada a súa solicitude, as persoas rexistradas recibirán información sobre como facer efectivo o pago.
CERTIFICACIÓN
O CGAC expediralles un certificado de aproveitamento a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 70 % das sesións do curso.
