Taller de Olga Mesa y Francisco Ruiz de Infante

OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE. UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES. Taller de artista

18 Marzo 2023 - 20 Marzo 2023
De 10:00 a 14:00 h
Coordinación:
Carmen Hermo (CGAC)
Dirección:
Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante
Prazas:
20
Matrícula:
actividade de balde con inscrición previa
O TALLER

En LAB_REC o corpo é un soporte narrativo, un corpo, ollo e oído que se articula ao redor de nocións de presenzas e ausencias, do real e do virtual.

En LAB_REC o lendario aquí e agora xa non existe. O taller poñerá as persoas participantes en estado de alerta para sinalar os perigos e as marabillas do mundo das percepcións altamente distorsionadas no que vivimos. Del xurdirá unha experiencia participativa que permitirá tomar conciencia da fabricación da nosa propia imaxe.

No marco da exposición Re-vision(s). "Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto", Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante convocan vinte participantes aos que reúnen durante dúas intensas xornadas de traballo, o 18 e 19 de marzo, de 10:00 h a 14:00 h. O traballo colectivo adoptará a forma dun percorrido pola exposición e deterase en certas instalacións especificamente pensadas para seren activadas mediante performances.

Tras estas xornadas, convidaranse a dúas das persoas participantes para que continúen a aventura cunha sesión de taller complementaria o 20 de marzo, de 10:00 h a 14:00 h, co fin de preparar un programa de performance que terá lugar os tres últimos sábados dos meses de marzo, abril e maio ás 12:00h mentres a exposición estea en curso.

PERSOAS DESTINATARIAS
O taller está dirixido a artistas profesionais ou non profesionais da danza e da performance.

IMPARTEN
Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante

INSCRICIÓN
O prazo de inscripción permanecerá aberto do 23 de febreiro ao 9 de marzo. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo cgac.prensa@xunta.gal, co asunto: “Taller Lab Rec CGAC”.
A mensaxe deberá ir acompañada dun documento adxunto en formato Word ou PDF, dunha páxina como máximo, que conteña unha breve biografía da persoa candidata e unha carta de motivación explicando por que ten interese en participar no taller. O documento deberá incluír ademais os seguintes datos: nome, apelidos e DNI da persoa solicitante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

VIDEOS DEL TALLER DE OLGA MESA Y FRANCISCO RUIZ DE INFANTE
VIDEO 1 - VIDEO 2 - VIDEO 3

 

TRANSMISIONS E ACTIVACIONS ESPACIAIS PERFORMATIVAS DA RETROSPECTIVA DE OLGA MESA 

SÁBADOS 25 DE MARZO, 22 DE ABRIL E 27 DE MAIO

Estas activacions espaciais performativas forman parte do proxecto de transmisión llevado a cabo in situ por Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante o primeiro fin de semana do 18 e 19 de marzo tras a inauguración da exposición, dentro do encontro dirixido a artistas locales Un lab_rec e un casting dos dobres.

Instalacións que se activarán:

  • TEXTO PARA SER BARRIDO (SONETO 66) (hall)
  • EL TESTIGO SECUNDARIO (Dobre Espazo) 

Hora: 12:00 h
Duración: 20-25 min.
Activadores performativos invitados a exposicion Re-vision(s). "Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto": Elsa Pereira Rodríguez e Pablo García Lagoa

VIDEO DA PRIMEIRA SESIÓN DO 25 DE MARZO