Performance
Venres, 21 de xuño, 20:30 horas
Salas de exposición da primeira planta
Pau a pique (Wattle and Daub), 2016
Durante a inauguración da exposición da artista Ângela Ferreira Pouco a pouco, Selma Uamusse presentará unha performance na obra Pau a pique (Wattle and Daub), 2016.
Concerto
Venres, 21 de xuño, 22:30 horas
Exterior do CGAC
Entrada libre e de balde
Selma Uamusse canta o seu propio mundo, e leva todo un mundo dentro dela.
A súa poderosa voz e a súa versatilidade brillan en diversos ámbitos: desde rock a afrobeat, pasando polo gospel, soul e jazz. Uamusse enriqueceu a súa viaxe con diferentes linguaxes, sempre consciente do poder transformador social e político da música.
O seu primeiro EP, publicado en 2017, reflicte o seu camiño e o seu ser: unha nova e enérxica cantante que viviu a súa adolescencia durante a era dourada do rock en Portugal, coñecedora do cancioneiro tradicional do jazz e o soul norteamericanos, experta nas súas referencias vocais (como Nina Simone, Miriam Makeba, etc), e intérprete de ritmos e sonoridades africanas...
Pero a refinada mestura que Selma ofrece é moito máis que unha colaxe das súas aventuras artísticas, senón que constitúe un organismo vivo e único, individual, fresco e actualizado dunha maneira sorprendente e inconfundible.
A música de Selma Uamusse pódese situar nun cruzamento de camiños entre as machambas (hortas) de Mozambique e os clubs europeos, entre os idiomas e ritmos africanos tradicionais e a produción electrónica contemporánea: unha historia de amor entre timbilias (balafón mozambiqueño) e sintetizadores.
