Neste ano 2022 o CGAC colabora de novo na produccion da terceira edición do festival de artes performativas Plataforma que terá lugar entre o 9 de maio e o 18 de xuño.
Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.
Plataforma é un festival ideal para este momento de restruturación cultural, pola súa transversalidade e a descentralización das súas localizacións, pola súa escala, pola súa programación pensada para espazos singulares, pola posibilidade de seguir con facilidade os debidos protocolos de sustentabilidade e de seguranza para a saúde nas súas accións e propostas.
PERFORMANCES ORGANIZADAS POLO CGAC
SÁBADO 11 DE XUÑO
18.00_CGAC. Salas de exposicións
Contemplación
Marta Pazos
DOMINGO 12 DE XUÑO
18.00_CGAC. Salas de exposicións
A charca
Rosana Antolí
