
PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO CREBAS E O LIBRO A CAMPANA HERMÉTICA. FRANCESC TORRES
22 Setembro 2022
Horario
18:30 h
18:30 h
Auditorio do CGAC
Coordinación:
Carmen Hermo
Prazas:
Entrada libre e de balde até completar a capacidade da sala.
O xoves 22 de setembro ás 18:30 horas terá lugar no auditorio do CGAC a presentación de Francesc Torres. Crebas, catálogo da exposición homónima inaugurada no CGAC en 2020, e o libro de memorias do artista La campana hermética, editado recentemente polo selo Catedral do grupo Enciclopèdia Catalana.
Na presentación participarán Francesc Torres; o escritor Francisco Xosé Fernández Naval, autor dun dos textos do catálogo; a comisaria da exposición Crebas, Rocío Figueroa Guisande; o editor de La campana hermética, Joan Ricart; e Santiago Olmo, director do CGAC.
A continuación, haberá unha firma de exemplares na libraría do CGAC.