
PRESENTACIÓN DO LIBRO PUBLICACIÓN, DE DAVID LAMELAS
No marco da exposición David Lamelas. Lonxe, América, que se inaugurará o próximo mes de xullo, o CGAC presenta a reedición dun traballo histórico do artista arxentino de orixe galega David Lamelas, o seu libro Publication (1970). Publication é unha obra clave da arte conceptual, representativa da introdución da linguaxe oral e escrita no contexto das artes visuais e exemplo dos “libros de artista” creados naquela época, que xogaron un papel fundamental na denominada “ desmaterialización” da obra de arte.
Na presentación, que terá lugar o xoves 29 de abril ás 19:00 horas no auditorio do CGAC, os artistas David Lamelas e Mario García Torres dialogarán, xunto co director do centro, Santiago Olmo, e o comisario da mostra, Pedro de Llano, acerca do contexto no que xurdiu a obra así como sobre a súa actualidade. Publication foi traducida ao galego e ao castelán para a ocasión e integra unha serie de propostas de artistas e críticos como Robert Barry, Marcel Broodthaers, Daniel Buren, Ian Wilson e Lucy Lippard, entre outros.
As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente enviando unha mensaxe co seu nome apelidos e número de teléfono a cgac.prensa@xunta.gal.