
Fotografar un espazo de arte contemporánea, camiñar na procura da mirada persoal arredor das exposicións e do edificio de Álvaro Siza ou o parque de San Domingos de Bonaval é a proposta do fotógrafo Fuco Reyes (Santiago de Compostela, 1965) para esta sesión de achegamento que vincula imaxe e arquitectura.
A sesión comeza cunha breve aproximación a claves teóricas para logo fotografar o interior e o exterior do CGAC baixo as orientacións de Fuco Reyes, artista que agora expón o seu traballo no Espazo Proxectos do CGAC.
O CGAC a través do ollo dixital está dirixido a persoas maiores de 16 anos interesadas neste campo artístico. Para participar é preciso inscribirse por teléfono (981 546 623) ou a través do correo electrónico (cgac.actividades@xunta.es) nunha das dúas sesións e vir coa cámara dixital.
DATAS E HORARIO
21 de decembro de 16 a 18 h
26 de decembro de 11 a 13 h
PRAZAS
15 para cada sesión
IMPARTIDO POR Fuco Reyes
COORDINACIÓN: Cristina Trigo