
SESIÓNS DIDÁCTICAS PRESENCIAIS E EN LIÑA PARA ESO, BAC E CICLOS FORMATIVOS. UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA
O obxectivo desta actividade é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
Durante as sesións, tanto presenciais coma en liña, achegarémonos á arte contemporánea cunha presentación de imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC. Exemplificaremos a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.
Cursos de ESO, bacharelato e ciclos formativos
SESIÓNS PRESENCIAIS
Duración: 90 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Tras a conversa, os grupos que visiten o CGAC realizarán un taller creativo onde poderán idear a súa propia instalación artística.
Inscrición: A actividade é de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo e da persoa responsable, número de persoas de que consta o grupo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto.
SESIÓNS EN LIÑA
Duración: 50 minutos / Prazas: máximo 25 persoas
Ao rematar a presentación, aos grupos que realicen as sesións a distancia, propoñerémoslles materializar no seu centro educativo unha instalación artística.
Requisitos técnicos: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).
Inscrición: A actividade é de balde e, para participaren, os centros interesados deberán enviar unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade das persoas participantes, día e hora en que desexan realizar a actividade, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.
Unha vez que se acepte a solicitude, os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.