O primeiro día de colexio ensínannos a xuntar as consoantes coas vogais, ensínannos a interpretar e máis tarde a asociar esta aprendizaxe co mundo que nos rodea. Ao abrir un libro podemos interpretar páxina a páxina sen necesidade de ter diante cada un dos obxectos, imaxes e situacións necesarios para poder recrear a narración. Que sucedería se realizásemos a operación á inversa? A arte contemporánea produce relatos a partir de obxectos, imaxes e situacións, é unha linguaxe repleta de diversidade e riqueza, susceptible de ser interpretada. Dende o taller proposto por Suso Fandiño intentaremos internarnos nestoutros modos de producir comunicación, descifrando dende a análise e a práctica a súa linguaxe.
PROGRAMA
Venres, 17 de abril
Introdución e presentación.
Análise inicial. “A arte é para todos pero só unha elite o sabe”.
Crónica dunha morte anunciada. (Criterios previos para unha deslexitimación do modelo totalitario de produción cultural).
Análise da eliminación paulatina da educación artística no contexto educativo actual. Informe Eurídice.
Arte contemporánea e amarelismo. A deslexitimación social da cultura nos medios de comunicación.
Sábado, 18 de abril
Arte contemporánea. Análise particular dunha linguaxe e a súa lectura.
O p co a, pa. Isto tampouco é unha pipa.
O marco de acción da exposición como medio. Preparación da visita. Cartografía da sala (mapping). Visita deliberadamente non guiada.
Análise das cartografías da sala.

Venres, 24 de abril
Descodificando linguaxes. Icónico/Plástico. Penetración/Interpenetración. Contexto/Decontextualización. Significación/Insignificancia. Codificación/Descodificación. Construción/Deconstrución.Planificación das actividades do taller.
O como, o que e o porqué. Estratexias e modus operandi.
Sábado, 25 de abril
Saída. Está aí, están aí.
Ferramentas: Procedementos (fotografía, recollida).Buscar, atopar e transformar no ámbito físico e social do CGAC.
Posta en común.
Análise de tácticas e estratexias.
Valoración de resultados

DESTINATARIOS:
Estudantes de Ciencias da Educación, Belas Artes, Artes e Oficios e Historia da Arte, profesores e todas aquelas persoas interesadas nas artes plásticas e na expresión artística.
PRAZAS: mínimo 10 / máximo 20
MATRÍCULA: 20 €
HORARIO:
venres: 17-20.30 h
sábado: 10.30-14.30 h
INSCRICIÓN: As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 602. As solicitudes deberán incluír os seguintes datos: nome completo, estudos, área de traballo ou interese, correo electrónico e teléfono de contacto. Unha vez que lles confirmemos a inscrición, enviarémoslles as indicacións precisas para facer efectiva a matrícula.
COORDINACIÓN: Virginia Villar