TALLER DE ARQUITECTURA. UN CUBO QUE FUNCIONE. A ARQUITECTURA DE ALEJANDRO DE LA SOTA.

14 Xuño 2014 - 15 Xuño 2014
Até o vindeiro 15 de xuño, o CGAC acolle a exposición 100 anos con Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a figura, a obra e a actualidade do legado deste mestre da arquitectura contemporánea española. A exposición reúne debuxos, bosquexos, fotografías das obras e abundante material biográfico, ademais de maquetas e mobles deseñados polo propio artista.

Como complemento á exposición, o CGAC organiza un taller co obxectivo de achegar os participantes ao mundo da arquitectura e, máis concretamente, á obra do arquitecto galego a partir dunha das súas obras máis coñecidas, o Goberno Civil de Tarragona. A través de diversas actividades propóñense retos xeométricos, contidos de equilibrio e forma que fomentan a capacidade de visión en dúas e tres dimensións.

As construcións faranse a partir do Sistema Lupo, un sistema modular patentado polo arquitecto Fermín Blanco, que consiste nun conxunto de pezas básicas con formas e dimensións que permiten múltiples posibilidades de combinacións, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.

Folleto da actividade

Inscrición a partir do luns 9 de xuño


DESTINATARIOS: Nenos de entre 7 e 11 anos

DATAS E HORARIO

Sábado, 14 de xuño

Taller 1: 11:30 - 13:30 h

Taller 2: 17:00 - 19:00 h

Domingo, 15 de xuño

Taller 3: 11:30 - 13:30 h

NÚMERO DE PRAZAS POR TALLER: 15
Cada taller acollerá un grupo diferente de nenos.

INSCRICIÓN
As inscricións poderán facerse a partir do día 9 de xuño de 10:00 a 14:00 h a través da páxina web do CGAC, enviando un correo electrónico a cgac.pedagogia@xunta.es ou chamando ao teléfono 981 546 631. En calquera caso, deberán indicar o seu nome completo, idade, teléfono de contacto, enderezo e correo electrónico. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude.

IMPARTE: Santiago Chenlo
COORDINA: Gema Baños
Colaboración co arquitecto Fermín Blanco e co COAG