TALLER SEN MOVERTE DO SOFÁ. II CICLO DE TALLERES DE ARQUITECTURA

A través de visitas virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan sobre a historia das cidades, a súa estrutura, os seus modelos de crecemento e as súas singularidades, para mellor entender, de xeito global, os lugares que habitan.

Mediante conexións en directo a través da Internet, os participantes, que realizan talleres simultáneos en diversas localidades, intercambian información sobre as semellanzas e as diferenzas das súas cidades, o urbanismo e os modos de vida derivados da situación xeográfica, climática e cultural destas.

Nos obradoiros, constrúense maquetas de gran tamaño de edificios emblemáticos das cidades obxecto de estudo para que os seus pequenos habitantes tenten identificalas desde o outro lado da pantalla do ordenador.

As construcións faranse a partir do Sistema Lupo (ideado polo arquitecto Fermín Blanco): unha serie de pezas modulares que permiten múltiplas posibilidades de combinación, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.

O primeiro taller desta edición, estará dedicado á cidade veciña da Coruña.

Destinatarios: Nenos e nenas de 7 a 11 anos

Número de prazas: 10

Datas:

Sábado, 23 febreiro / Cidade de destino: A Coruña

Horario:

De 11:30 a 13:30h / Actividade de balde

Inscrición: Os interesados poderanse inscribir a partir do día 7 de febreiro, chamando ao teléfono 981 546 602 ou enviando unha mensaxe a cgac.educacion@xunta.es na que indiquen o nome, a idade, un teléfono de contacto e un enderezo de correo electrónico da persoa que desexe participar.

IMPARTIDO POR: Santiago Chenlo

COORDINACIÓN: Virginia Villar

Colaboración co arquitecto Fermín Blanco, o COAG e Arquitectives.