
Cambio de planos!
22-23 de decembro de 2015
Dirixido por María Meijide
Idade: 7-9 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 20
A partir da exposición de Javier Vallhonrat, Interaccións, a artista María Meijide propón realizar un mapa persoal baseado nos cadernos de viaxe. Tras un paseo polo museo cargados de pinturas e cadernos, os nenos e nenas tratarán de levar a cabo unha cartografía íntima do percorrido. Tamén Vallhonrat amosa, no seu último traballo, itinerarios interiores a través de paisaxes exteriores. O noso será un mapa emocional que atenda ao que os espazos visitados e as obras expostas lle evocan a cada un dos participantes. Un itinerario plástico con apuntes de debuxo, cor e colaxe que se converterá nunha interpretación persoal do espazo en forma de mapa.
PRAZAS ESGOTADAS
Onde está o inverno?
29-30 de decembro de 2015
Dirixido por Clara Rodríguez Márquez
Idade: 4-6 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 15
A educadora Clara Rodríguez Márquez impartirá un taller onde os participantes poderán experimentar coas palabras e a natureza. Partindo da obra de Javier Vallhonrat e da contorna do CGAC, observaremos as transformacións e os fenómenos naturais máis próximos a nós. Procuraremos cos cinco sentidos as pegadas que o inverno deixa a cada paso que damos e, unha vez atopado o instante, expresarémolo coa arte de nomear a natureza: a poesía (poesía visual e haikus). Agardámosvos para contemplar, crear poemas, inventar palabras, rimar e ilustrar.
PRAZAS ESGOTADAS
INSCRICIÓN: A inscrición nos talleres é gratuíta.
As solicitudes deberán enviarse a través do correo electrónico a cgac.pedagogia@xunta.es ou cgac.educacion@xunta.es.
As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos nenos e/ou nenas participantes,
número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan participar. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude.
COORDINACIÓN: Gema Baños e Virginia Villar.
Os asistentes deberán traer roupa de abrigo e de choiva ou paraugas para saír ao exterior.