TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES ES +

27 Febreiro 2016 - 29 Maio 2016
MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!
O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico de Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aosnenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.

O arquitecto David Antuña e a artista Rebeca Mariño introducirános participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea. Cada taller estará dedicado a un autorrepresentativo das diferentes xeracións de arquitectos desde as vangardas até a actualidade e desenvolverase atendendo áfilosofía de cada creador.

O xogo será fundamental durante todas as sesións. Utilizarase a didáctica do Sistema Lupo tanto no tocante ao material como aos contidos. Este sistema comprende unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais ademais do traballo en equipo a través de dinámicasde construción a grande escala.

A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se fará un achegamento á figura e ao pensamento de cada arquitecto, e posteriormente proporase unha serie de retos construtivos. Este primeiro bloque de talleres, que terán lugar a última fin de semana de cada mes, estará dedicado á arquitectura manifesto de Le Corbusier, ao idealismo de Jorn Utzon, ao carácter experimental de Frei Otto e á acción sensible deKazuyo Sejima Saana.

Este primeiro bloque de talleres, que terán lugar a última fin desemana de cada mes, estará dedicado á arquitectura manifesto de Le Corbusier, ao idealismo de Jorn Utzon, ao carácter experimental de Frei Otto e á acción sensible de Kazuyo Sejima Saana.

Prazas esgotadas para todos os talleres

Folleto da actividade


MANIFESTA
Le Corbusier. A arquitectura en cinco puntos

Días: 27 e 28 de febreiro
Sábado 27, para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 28, para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:30-13:30 h
Prazas: 10

IMAXINA
Jorn Utzon. A idea construída

Días 2 e 3 de abril
Sábado 2, para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 3, para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:30-13:30 h
Prazas: 10

EXPERIMENTA
Frei Otto. Aprendendo da natureza

Días 30 de abril e 1 de maio
Sábado 30, para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 1, para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:30-13:30 h
Prazas: 10

SINTE
Kazuyo Sejima SANAA. Da tradición á vangarda

Días 28 e 29 de maio
Sábado 28, para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29, para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:30-13:30 h
Prazas: 10


INSCRICIÓN: Todos os talleres son gratuítos. As solicitudes de inscrición poderán presentarse a partir do 11 de febreiro a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.es. As solicitudes deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller o que desexan asistir. Poderase inscribir a un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.

COORDINACIÓN: Virginia Villar

IMPARTEN: David Antuña, arquitecto, e Rebeca Mariño, artista