V EDICIÓN FESTIVAL HerDanza 2020

31 Agosto 2020 - 05 Setembro 2020

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.

O festival desenvolverase durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.

O CGAC colabora co Festival HerDanza na súa V edición cunha residencia de creación dirixida polo bailarín/intérprete Mikel Aristegui.

 

 

PROGRAMA DO FESTIVAL HERDANZA NO CGAC

Xoves, 3 de setembro ás 17:00 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Conversa A danza entre o tradicional e o contemporáneo, con Fran Sieira e Jaime Pablo Díaz

Venres, 4 de setembro ás 17:00 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Exhibición da peza Ouveo, concibida por Mikel Aristegui durante a súa residencia de creación

Sábado, 5 de setembro

12:30 h

 

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Visionado da peza POLINA de Angelin Preljocaj y Valérie Müller ; en colaboración co Instituto Francés

17:00 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Presentación do libro O público está aquí, de Sabela Mendoza

www.herdanzafestival.org