VI EDICIÓN

VI EDICIÓN FESTIVAL HerDanza 2021

01 Setembro 2021 - 02 Setembro 2021

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.

O festival desenvolverase durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.