WOS Festival x SON Estrella Galicia regresa a Santiago de Compostela do 11 ao 13 de setembro, transformando a cidade nun percorrido inmersivo polo son e a creación contemporánea.
Durante tres días, proxectos artísticos activarán igrexas, teatros, edificios patrimoniais e espazos inesperados do casco histórico, dando forma a unha programación onde a música dialoga coa ar quitectura, o íntimo convive co colectivo e o sagrado se atopa co underground.
Nunha cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, WOS propón unha maneira singular de percorrer Santiago: a través de experiencias concibidas para cada espazo, abertas á exploración e profundamente conectadas coa súa contorna.
Máis ca un festival, WOS convida a descubrir a cidade desde a escoita, o movemento e a experiencia compartida.
O festival conta co apoio do Centro Gallego de Arte Contemporánea (CGAC)
