WOS 2023

WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA 2023

14 Setembro 2023 - 17 Setembro 2023

WOS Festival é un evento indoor de carácter anual que se celebra no mes de setembro en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela, España. O festival presenta un amplo programa multidisciplinar cun enfoque en música electrónica e avant-garde, artes visuais, cinema, instalacións, obradoiros e conferencias. A experiencia do festival constitúe unha verdadeira ruta artística, turística e arquitectónica por unha cidade cun casco antigo declarado Patrimonio da Humanidade.

O evento defende unha visión ampla da cultura alternativa que permite abordala desde múltiples perspectivas, albergando na súa programación innovadoras propostas en torno ao risco e a exploración onde teñen protagonismo destacados artistas internacionais en contextos únicos, creando así unha atmosfera irrepetible en cada actividade. WOS Festival é un proxecto da axencia creativa especializada en xestión cultural WORK ON SUNDAY e nace en 2016 co obxectivo de converterse nunha cita de referencia a nivel internacional.