WOS FESTIVAL x SON ESTRELLA GALICIA 2025
WOS Festival é un evento indoor de carácter anual que se celebra no mes de setembro en diferentes espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela, España. O festival presenta un amplo programa multidisciplinar cun enfoque en música electrónica e avant-garde, artes visuais, cinema, instalacións, obradoiros e conferencias. A experiencia do festival constitúe unha verdadeira ruta artística, turística e arquitectónica por unha cidade cun casco antigo declarado Patrimonio da Humanidade.
O evento defende unha visión ampla da cultura alternativa que permite abordala desde múltiples perspectivas, albergando na súa programación innovadoras propostas en torno ao risco e a exploración onde teñen protagonismo destacados artistas internacionais en contextos únicos, creando así unha atmosfera irrepetible en cada actividade. WOS Festival é un proxecto da axencia creativa especializada en xestión cultural WORK ON SUNDAY e nace en 2016 co obxectivo de converterse nunha cita de referencia a nivel internacional.
PROGRAMA NO CGAC
Auditorio do CGAC // 12-13 de setembro// 16:00 h
"O son electrónico de Galicia. Unha conversa Interxeracional"
Poñemos o foco no tecido artístico e clubbing de Galicia, continuando coa actividade iniciada en 2023 baixo o título O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional. A proposta ofrece unha ollada coral ao presente e pasado recente da electrónica galega, reunindo artistas, colectivos, selos e axentes clave para compartir perspectivas e abrir un espazo de diálogo que fortaleza a memoria e a proxección desta escena diversa e viva.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
