O vindeiro martes 22 de outubro de 9:00 a 14:00 horas o auditorio do CGAC acollerá unha xornada organizada pola Federación Autismo Galicia para reflexionar acerca das relacións entre autismo e cultura e promover a integración das persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) no ámbito da cultura.
A Federación Autismo Galicia leva desde 1995 ofrecéndolles atención especializada e específica ás persoas con TEA e ás súas familias a través das diferentes entidades que a integran e de persoas colaboradoras que traballan co obxectivo común de facer do mundo un lugar máis humano.
Grazas a este esforzo conxunto as persoas con TEA teñen cada vez maior presenza nos espazos de convivencia, nos servizos sanitarios, administrativos e educativos, no ámbito laboral e, por suposto, no eido da cultura.
Co fin de compartir coñecementos e experiencias e poner en valor as iniciativas promovidas pola organización, na xornada Cultura e autismo participarán, entre outros, o director do CGAC, Santiago Olmo; as responsables do programa Ti en min, eu en ti. Museos con todxs, Encarna Lago e Carolina Casal, a presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar, e o director da revista Maremágnum, Cipriano Luís Jiménez Casas.
Máis información: www.autismogalicia.org
