
Froito e consecuencia do pulo que nos últimos anos tiveron en Galicia a interpretación, a experimentación e a creación na música contemporánea actual e do século XX comezan en Santiago de Compostela estas novas Xornadas de Música Contemporánea. O cartaz inclúe a algún dos grupos e artistas máis preocupados e activos na difusión da música contemporánea en Galicia (Ensemble s21, Taller Atlántico Contemporáneo, Vertixe Sonora Ensemble, Elisa Vázquez Doval, Diego Ventoso, Ton Risco ou Jacobo de Miguel), aos que se suman as visitas de músicos de prestixio, como o dúo californiano Barn Owl ou o madrileño Trío Arbós, e agrupacións e orquestras radicadas en Galicia como a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia (representada polos seus grupos de cámara), o Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade de Santiago.
PROGRAMA
GRUPO DE DANZA CONTEMPORÁNEA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA DE LUGO
DIEGO VENTOSO percusión
PALOMA LUGILDE recitado
FUNDACIÓN TIC / RAQUEL GONZÁLEZ videocreacións
Opening
Viaxe pola vida e a natureza a través da danza, a música, a poesía e a imaxe
Glass, Xenakis, Hackbarth
Teatro Principal
martes 23 outubro
20.30
VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Ilusión real
Hudry, Billone, Steen-Andersen, Antunes, Tian
CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea
xoves 25 outubro
20.30
ELISA VÁZQUEZ DOVAL piano
Cage100
John Cage, a 100 anos do seu nacemento
Conservatorio Profesional de Música
venres 26 outubro
19.30
TAC (TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO)
DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ director
CARMEN GURRIARÁN soprano
Bob Dylan & Siniestro Total re-visitados
López de Guereña, Corigliano
Igrexa da Universidade
venres 26 outubro
22.30
TRÍO ARBÓS
Divertissement, cen anos de tríos
Kapustin, Torres, Ravel
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
sábado 27 outubro
20.00
BARN OWL (California, drone)
CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea
sábado 27 outubro
22.30
ORQUESTRA DO ESPAZO DE CÁMARA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
MARIO DIZ director
A música contemporánea para nenos e maiores, unha aventura a coñecer
Bartók, Lewin
CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea
domingo 28 outubro
13.00
GRUPOS DE CÁMARA DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Igrexa da Universidade
domingo 28 outubro
CELINE LANDELLE arpa
CLAUDIA WALKER frauta
FRANCISCO REGOZO viola
Takemitsu, Buide, That Tiet, Debussy
19.00
VINKA HAUSER violín
CAROLINE BOUMAUD violín
JEFFREY JOHNSON viola
SCOTT HARDY violoncello
Ravel, Shostakovich, Colomer
21.00
TAC (TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO)
DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ dirección
NICASIO GRADAÍLLE presentación
EIRADO DA LEÑA (Pontevedra) restauración
Os seráns do TAC
Musicircus, centenario John Cage
Cidade da Cultura
luns 29 outubro
20.00
ENSEMBLE s21
Europa Leste- Europa Oeste. Wladimir Rosinskij
Rosinskij, Runchak, Boulez
Auditorio de Galicia (Sala Mozart)
martes 30 outubro
20.00
TON RISCO vibráfono / percusión
JACOBO DE MIGUEL piano
Dúo
martes 30 outubro
CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea
22.30
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ERNEST MARTÍNEZ IZQUIERDO director
KARI KRIIKKU clarinete
D’Om le vrai sens, estrea en España do concerto para clarinete de Kaija Saariaho
Ives, Matalon, Saariaho
mércores 31 outubro
20.30
PREZOS DE ENTRADAS
Abono 8 concertos*: 18 euros
Abono 4 concertos* (a escoller): 10 euros
Entradas: 3 euros
Real Filharmonía de Galicia (Auditorio de Galicia, 31 outubro): 6 euros
Entrada libre (3 concertos): Elisa Vázquez Doval (Conservatorio, 26 outubro), Trío Arbós (27 outubro), Orquestra do Espazo de Cámara da USC (CGAC, 28 outubro)
Venda de entradas: Teatro Principal (18.00-21.00 h de martes a sábado)
Fóra de abono: Seráns do TAC (Cidade da Cultura, 29 outubro): 5 euros www.servinova.com