XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2013

27 Setembro 2013 - 16 Novembro 2017

No ano 2012 renacen en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Na segunda edición mantense a mesma liña de traballo e colaboración institucional con que arrancaron froito da iniciativa, coordinación e promoción da Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Concello de Santiago. A estas tres institucións sumáronse as substanciais achegas do Consorcio de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña e as colaboracións de institucións pedagóxicas musicais da cidade como o Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal de Música.


E se na edición 2012 do festival xa contamos coa colaboración do Centro Nacional de Difusión Musical, esta transfórmase este ano en decisiva coa formulación desta institución dependente do INAEM e do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de converter as Xornadas compostelás nun obxectivo estratéxico na súa vocación de difusión da música contemporánea e da creación actual. Os concertos do Ensemble Modern (un dos conxuntos de referencia da música contemporánea actual procedente de Frankfurt), do Sonor Ensemble, do Cuarteto Bretón, de Javier Perianes, do Grupo Cosmos21 e da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) son o visible froito dunha iniciativa de respaldo que sen dúbida contribuirá ao crecemento, difusión e proxección destas Xornadas de Música Contemporánea que se sitúan de cheo entre o máis salientable das iniciativas en prol da difusión da música dos séculos XX e XXI en España.


A música contemporánea é un campo en transformación constante, as novas ideas xeran novas formas musicais que precisan novas ferramentas e iso será o que amosarán ao público estas Xornadas de Música Contemporánea que se enriquecen con achegas xurdidas en Galicia (que nos últimos anos se converteu nun activo referente neste eido coa creación de novos conxuntos especializados na música contemporánea) como as de Vertixe Sonora Ensemble, o Taller Atlántico Contemporáneo ou o recentemente creado Música Práctica. Non faltarán á súa cita coas Xornadas as orquestras galegas, Real Filharmonía de Galicia e Orquestra Sinfónica de Galicia, con senllos concertos no Auditorio de Galicia.


Músicos especialmente sensibles á difusión da música actual en Galicia como Florian Vlashi, Berta Fresco, Marcos Escobar, Jesús González, Mario Diz (responsable do Espazo de Cámara da USC), Anne Tooming, David Durán, etc., completan un calendario de concertos que coida especialmente a compoñente didáctica e educativa a través do seu programa A desTempo, que ten unha clara vocación de chegar a novos públicos e inclúe charlas preconcerto e un amplo programa de concertos familiares, escolares e didácticos.


O 27 de setembro arranca este programa didáctico que se adianta ao que serán dúas semanas de intensa actividade concertística (entre o 18 e o 31 de outubro) espallada por toda a cidade: Auditorio de Galicia, Cidade da Cultura, CGAC, Paraninfo e Igrexa da Universidade, Salón Teatro, Teatro Principal, Conservatorio Profesional de Música e Escola Municipal de Música. Case 30 actividades enchen unha programación de posta en valor da música contemporánea e da creación actual a carón de grandes clásicos do século XX. Hindemith, Mahler, Proko_iev, Debussy, Tippett, Mompou e Britten (no seu centenario) comparten cartel con Crumb, Prins, Posadas, Gubaidulina, Gorecki, Aracil, De Pablo, Cage, Turina e un longo etcétera no que, como non podía ser doutro xeito, atopamos estreas absolutas (incluídas as encargas do CNDM e das propias Xornadas de Música Conemporánea) de obras de novos e destacados compositores como a madrileña Consuelo Díez, o alemán Bernd Franke e os galegos Fernando Buide, Jesús González, Antón L. Pulido e Eduardo Soutullo. Cómpre salientar tamén a estrea en España de composicións do sueco Esaias Järnegard, do belga Stefan Prins, dos finlandeses Magnus Lindberg e Esa-Pekka Salonen, dos alemáns York Höller e Enno Poppe e da sevillana Elena Mendoza nunhas Xornadas de Música Contemporánea que, seguramente, non terían sentido sen aqueles que no ano 1987 as puxeron en pé –Carlos Villanueva desde a Universidade e Enrique X. Macías como director– e que as mantiveron máis tarde no Centro Galego de Arte Contemporánea –Manuel Rodeiro, responsable da área de música e director artístico destas–.

Inauguración
JOVEN ORQUESTA NACIONAL DE ESPAÑA
JOAN CERVERÓ director
MARÍA JOSÉ MORENO soprano
Teatro Principal
Venres, 18 de outubro
20:30 h


Fernando Buide (1980)
obra encarga do CNDM *


Paul Hindemith (1895-1963)
Kammermusik núm. 3 para violoncello e orquestra, op. 36 núm. 2 (1925)


Gustav Mahler (1860-1911)
Sinfonía núm. 4 en Sol maior (versión de Klaus Simon)


* estrea absoluta / obra encarga do CNDM


JOVEN ORQUESTA NACIONAL DE ESPAÑA
A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) foi creada en 1983 co propósito de contribuír á formación de músicos españois na etapa previa ao exercicio da súa profesión. O seu obxectivo prioritario é a ampliación e o perfeccionamiento dos seus coñecementos a través do estudo e a práctica do repertorio sinfónico e de cámara, por medio da celebración duns 6 encontros anuais. A música contemporánea é obxecto dunha especial atención por parte da orquesta grazas á súa Academia de Música Contemporánea. Colaborou con: Mstislav Rostropovich, Rafael Orozco, Christian Zacharias, Teresa Berganza, Simon Estes ou Juan Diego Flores, e dirixírona: Carlo Maria Giulini, Fabio Biondi, Vasily Petrenko, Krysztof Penderecki, Christian Zacharias, Gianandrea Noseda, Christopher Hogwood, George Pehlivanian, Jesús López Cobos, Josep Pons, Antoni Ros Marbà, Víctor Pablo, Rafael Frühbeck de Burgos, Pablo González, Alberto Zedda ou Arturo Tamayo. Actuou na maioría dos festivais e dos auditorios españois e no estranxeiro. Desde 2001 o seu director artístico é o compositor José Luís Turina.

JOAN CERVERÓ director
Nacido en Valencia. Estudou nos conservatorios de Valencia, Madrid e Barcelona, e na Guildhall School de Londres; membro fundador e director musical, desde 1994, do Grup Instrumental de Valencia co que actuou en Francia, Arxentina, Venezuela, Cuba, China, etc. Tamén colaborou con: Miguel Poveda, Naderi Massud, Carmen Linares, Pitingo, Arcángel, Carles Santos, Irene Papas, José Luís Gómez, Nuria Espert, Darío Fo, La Fura dels Baus, etc. Dirixiu a estrea mundial da ópera de Mauricio Sotelo Dulcinea no Teatro Real, Europeras de John Cage, Neither de Morton Feldman e Four Notes Opera de Tom Johnson. Realizou numerosas estreas absolutas de obras de Rihm, Chin, Grisey ou Ligeti. En 2004 foi nomeado director musical do Ballet de Teatres da Generalitat. Desde 1996 é director artístico do Festival de Música Contemporánea Ensems, e desde o 2011, director musical do Proxecto Vinte/21.


MARÍA JOSÉ MORENO soprano
Naceu en Granada e estudou na Escola Superior de Canto de Madrid. En 1997 gañou o concurso Francisco Viñas. Actuou na Staatsoper de Viena, Scala de Milán (xunto a Leo Nucci). En Londres con Colin Davis e a London Symphony gravou Falstaff que recibiu un Grammy en 2006. Entre as suas máis recentes actuacións destacan A gazza ladra con Alberto Zedda, a estrea de Zaira na Fundación Gulbenkian de Lisboa. En 2009 tralo éxito obtido volve ser invitada no 2010 para interpretar á protagonista de Demetrio e Polibio e un concerto de Pergolesi. Entre os seus recentes proxectos caben destacar concertos en Italia con I Solisti Veneti, Don Giovanni no Festival Mozart da Coruña, Doña Francisquita no Teatro da Zarzuela de Madrid, Liceu de Barcelona e A Maestranza de Sevilla, ZauberAlöte e Rigoletto. E entre os seus próximos Lucio Cadeira no Liceu, Lucia di Lammermoore e Pagliacci.

TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ director
INGRIDA GAPOVA soprano
Cidade da Cultura
Sábado, 19 de outubro
19:00 h


George Crumb (1929)


Madrigals, Book II (Madrigais, libro II) (1965) para frauta, percusión e soprano
Textos: Federico García Lorca
Bebe el agua tranquila de la canción añeja
La muerte entra y sale de la taberna
Caballito negro, ¿dónde llevas tu jinete muerto?


Vox Ballaenae (A voz das ballenas) (1971) para tres intérpretes enmascarados: frauta, violoncello e piano amplificados
Vocalise … for the beginning of time (para o comezo dos tempos)
Variacións on Sea-Time (sobre as eras mariñas)
Tema do mar
Arqueozoic (Variación I) (Arqueozoico)
Proterozoic (Variación II) (Proteozoico)
Paleozoic (Variación III) (Paleozoico)
Mesozoic (Variación IV) (Mesozoico)
Cenozoic (Variación V) (Cenozoico)
Sea-Nocturne …. for the end of time (Nocturno mariño … para a fin dos tempos)

Night Music I (Música nocturna I) (1963, revisión 1976)
Para soprano, piano, celesta e dous percusionistas
Textos: Federico García Lorca
Notturno I: Giocoso, estatico
Notturno II: Piccola Serenata
Notturno III: La luna asoma
Notturno IV: Vivace, molto ritmico
Notturno V: Gacela de la terrible presencia
Notturno VI: Barcarola
Notturno VII: Giocoso, estatico
Músicas nocturnas


Este monográfico presenta tres das obras máis representativas do compositor norteamericano George Crumb, nado en Charleston (West Virginia) en 1929. Considerado como continuador de Cage, e de Cowell no eido da expansión das técnicas instrumentais, a súa música caracterízase por un enxeñoso colorido instrumental, como podemos apreciar en Vox Ballaenae (A voz das baleas), e polo trato exquisito da voz, para a que escribe numerosas obras que utilizan textos de Federico García Lorca, como é o caso de Madrigais e de Night Music. O segundo volume de Madrigais (1965) está escrito para soprano, percusión e un frautista que toca frauta en Sol, frauta en Do e frautín. Crumb escribiu catro libros de Madrigais con distintas instrumentacións. Nos catro utiliza versos de Lorca que tratan sobre a vida, a morte, o amor, a terra, a auga e a chuvia. A música é sutil e íntima, de atmosfera sinxela, pero de coidadas gradacións sonoras. Vox Ballaenae (A voz das baleas), para cello, frauta e piano amplificados, data de 1971 e está inspirada no canto dunha balea chepuda, que Crumb escoitara nunha gravación.
Cada un dos tres intérpretes debe levar un anteface, co que Crumb trata de agochar o elemento humano para resaltar as forzas da natureza; a natureza deshumanizada. A obra consta de prólogo, variacións (que representan eras xeolóxicas) e epílogo. Os cantos da balea conviven nesta obra con sons de gaivotas, do mar e con citas do Zarathustra de Richard Strauss. Night Music I (Música nocturna I), composta en 1963 e revisada en 1976, foi pensada inicialmente como unha obra instrumental, pero durante o seu proceso o compositor decidiu incluír versos de García Lorca. A obra, instrumentada finalmente para soprano, piano e dous percusionistas, consta de sete nocturnos que tratan de proxectar o violento contraste de emocións entre os dous poemas utilizados: La luna asoma, coa súa aura estática e lírica e a intensa Gacela de la terrible presencia. O compositor pretende resaltar as imaxes surrealistas da poesía lorquiana por medio dun alto colorido cromático e inusuais xustaposicións de rexistros, timbres e formas rítmicas. Nicasio Gradaille

TALLER ATLÁNTICO CONTEMPORÁNEO
O TAC iniciou a súa andaina en 2010 na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel para 111 ciclistas facendo música Eine Brise. Quixo reivindicar desde un principio, por unha banda a proximidade que a música contemporánea pode ter para o público actual, e pola outra, a posibilidade de facer concertos con novos formatos. Ese mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpretar integramente a obra de Erik Satie Vexations (18 horas de piano ininterrompidas, nesta ocasión executadas coa colaboración de 27 pianistas), paralelamente abordou no Centro Galego de Arte Contemporánea un ciclo de seis concertos dedicados á música de compositores galegos. En 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que achegaron ao público unha pequena mostra do repertorio desde mediados do século XX; actuaron no Festival Via Stellae de Santiago co grupo Siniestro Total nun concerto conxunto onde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña. No 2011 e 2012 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo Os seráns do TAC, que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

Generación Kill, batalla 6inal
VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Salón Teatro
Martes, 22 de octubre
20:30 h


Esaias Jarnegard (Suecia, 1983)
Nattarbette * (2009)
instrumento só


Stefan Prins (Bélxica, 1979)
Generation Kill * (2012)
percusión, guitarra eléctrica, violín, violoncello, 4 gamecontrollers, 4 video?proxecións, electrónica en vivo


Alberto Posadas (España, 1967)
Versa est in luctum (2002)
saxofón, acordeón, violoncello, percusión e electrónica

* estrea en España

Es la batalla final – vas al combate con una buena canción sonando de fondo (Evan Wright)

Generation Kill reflexiona sobre unha sociedade cada vez máis monitorizada; sobre a importancia crecente de Internet, as redes e os medios sociais que se alimentan de videos tomados con cámaras web e teléfonos intelixentes; sobre os videoxogos e as guerras nas que se pelexa como nos videoxogos; sobre a liña cada vez máis delgada entre realidade e virtualidade. Stefan Prins

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Colectivo flexible que integra destacados solistas de música contemporánea de Galicia e Portugal, está formado por artistas sonoros, artistas plásticos e músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e a danza. A partir dunha conciencia da multiplicidade no achegamento ao sonoro, establece un constante diálogo e interacción co pensamento, a ciencia, a tecnoloxía e outras formas artísticas desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural, favorecendo un espazo aberto á reflexión, á discusión e ao intercambio no campo da música contemporánea, que non renuncia nin ao rigor, nin á transgresión nin ao espírito de vangarda. Desde a súa aparición converteuse nun referente indiscutible para a última xeración internacional de compositores do noso continente, que atopa nas súas producións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva artística global e en permanente procura da excelencia.

Pablo Coello saxofón, gamecontroller
Vadzim Yukhnevich acordeón, gamecontroller
Marta Souto violín
Thomas Piel violoncello
Rubén Barros guitarra eléctrica
Diego Ventoso percusión
David Durán gamecontroller
Haruna Takebe gamecontroller
Ángel Faraldo electrónica, difusión de son e control de vídeo
Carlos Álvarez-Ossorio escenografía e iluminación

Perspectivas de cuarteto
CUARTETO BRETÓN
Igrexa da Universidade
Mércores, 23 outubro
20:30 h


Eduardo Soutullo (1968)
Cuarteto *


Sofía Gubaidulina (1931)
Cuarteto núm. 2 (1987)


Henryk Gorecki (1934)
Cuarteto núm. 1 ‘Already it is dusk’ (1988)


Alfredo Aracil (1954)
Cuarteto núm. 3 (2004) **


Sofía Gubaidulina (1931)
Cuarteto núm. 3 (1987)


* estrea absoluta
** obra encarga do CNDM

CUARTETO BRETÓN
Fundado en 2003 por catro músicos con longa experiencia en música de cámara, puxo unha énfase especial na obra de compositores como Ernesto e Rodolfo Halffter, Jesús Guridi, Julián Bautista, Jesús García Leoz, Tomás Bretón, Julián Orbón, Joaquín Turina, Julio Gómez, Conrado del Campo, Cristobal Halffter, Tomás Marco, Alfredo Aracil, José Luis Greco, Agustín Charles ou Mario Carro, sen descoidar o gran repertorio de todas as épocas. Entre as súas actuacións destacadas atópase a estrea en Madrid La Cuzzoni, de Agustín Charles, e a participación no Festival Iberoamericano coa interpretación do Concerto Grosso, de Julián Orbón. Protagonizou as estreas absolutas de cuartetos dedicados a eles por José Luis Greco, Alfredo Aracil, Juanjo Colomer ou Mario Carro. Gravou os quintetos para tecla do pai Soler con Rosa Torres?Pardo e as integrais dos cuartetos de Alfredo Aracil, Rodolfo Halffter e Jesús Guridi. Entre os seus compromisos de concertos destacan a Fundación March, Música/Musika de Bilbao, o Ciclo de Música Contemporánea de Córdoba, a Semana de Música Relixiosa de Cuenca, e os festivais de León, Granada, Santander, San Sebastián e Luberon (Francia).

Música callada, Mompou e Debussy
JAVIER PERIANES piano
Paraninfo da Universidade
Facultade de Xeografía e Historia
Xoves, 24 de outubro
20:30 h


Federico Mompou (1893?1987)
Música callada. Primeiro caderno (1959)
Angelico
Lent
Placide
Afflitto e penoso
Legato
Lento molto cantabile
Lento
Semplice
Lento


Claude Debussy (1862?1918)
Preludios. Primeiro caderno (1909?1910), selección
8. La fille aux cheveux de lin (espressif)
9. La sérenadé interrompue (modérément animé)
10. La cathédrale engloutie (profondément calme)
12. Minstrels (modéré)

Federico Mompou (1893?1987)
Música callada. Cuarto caderno (1967)
Molto lento e tranquillo
Calme
Moderato
Lento
Lento
Lento molto
Lento


Claude Debussy (1862?1918)
L´isle joyeuse L 106 (1904)


JAVIER PERIANES piano
Nacido en Nerva (Huelva) en 1978, o seu nome resulta habitual nos festivais de Santander, Granada, Canarias, Peralada e Donostia, e nas salas de concerto de todo o mundo: o Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Barcelona, Palau de lles Arts Reina Sofía e Palau da Música de Valencia, Carnegie Hall, Wigmore Hall, Concertgebouw, os conservatorios de Moscova e Xangai, os festivais de Ravinia e Gilmore (Chicago), La Roque-d’Anthéron (Francia) e o Konzerthaus (Berlín). Colaborou cos directores Daniel Barenboim, Rafael Frühbeck de Burgos, Zubin Mehta, Daniel Harding, Jesús López Cobos, Lorin Maazel, Libor Pešek, Vasili Petrenko e Antoni Wit, entre outros. Esta tempada os seus compromisos inclúen actuacións coa Orquestra Sinfónica da BBC, a Sinfónica de Tokio, a Filharmónica de Varsovia e Filharmónica de Israel, baixo a dirección de Zubin Mehta. Recentemente gravou Música calada de Mompou, os Impromptus e Klavierstücke de Schubert e as sonatas de Manuel Blasco de Nebra.

Salonen, violín concerto
ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
ANDREW GOURLAY director
LETICIA MORENO violín
Auditorio de Galicia
Venres, 25 de outubro 2013
21:00 h


Magnus Lindberg (1958)
EXPO (2009) *


Esa-Pekka Salonen (1958)
Concerto para violín (2009) *
Mirage
Pulse I
Pulse II
Adieu


Sergei Prokofiev (1891-1953)
Romeo e Xulieta (suite por determinar)


* estrea en España

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
A OSG, da cal Víctor Pablo Pérez é o director titular e Jesús López Cobos o seu principal director invitado, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da
Coruña desde 1998. Realizou varias xiras por Alemaña e Austria, unha xira de concertos por América do Sur en 2007 (Chile, Arxentina, Brasil e Uruguai) e en 2009 presentouse na sala do Musikverein de
Viena. Traballa con solistas como Anne?Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Maria João Pires ou F. P. Zimmermann; cantantes como Alfredo
Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Mirella Freni, Ann Murray ou Eva Marton, entre outros, e cos mestres Lorin Maazel, Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini,
James Judd, Libor Pešek, Osmo Vanska, Alberto Zedda, Gianandrea Noseda, etc. Na súa discografía figuran artistas como Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel, María
Bayo, Plácido Domingo ou Eva Podles. Conta coa Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música.

ANDREW GOURLAY director
Nacido en Xamaica de antepasados rusos, Andrew Gourlay creceu en Bahamas, Filipinas, Xapón e Inglaterra. Xa trombonista e pianista, estudou dirección de orquestra no RCM de Londres onde preparou sinfonías para Haitink e Norrington. En 2010, gañou o primeiro premio no Concurso Internacional de Dirección de Cadaqués e foi nomeado director asistente de Mark Elder en Hallé Orchestra e director da Orquestra Nova de Hallé. Ese mesmo ano foi elixido pola revista Gramophone como o seu ‘One to Watch’ (Persoa a quen seguir) e pola BBC Music Magazine, en 2011, como ‘Rising Star: Great Artist of Tomorrow’ (Estrela emerxente: gran artista do mañá). Andrew Gourlay dirixiu grabacións con numerosas orquestras do Reino Unido. Substituíu a Colin Davis no Barbican en dúas ocasións e traballou como substituto para Gergiev e Masur. Ten dirixido as óperas Rusalka e La Tragédie de Carmen, e As vodas de Fígaro. Foi director asistente do Festival de Ópera de Glyndebourne.

LETICIA MORENO violín
Actuou desde os doce anos con destacadas orquestras como a Wiener Symphoniker, Mozarteum Orchestra, Frankfurter Sinfoniker, Sinfonietta Cracovia, Israel Youth Symphony Orchestra, Taipei Symphony Orchestra, St. Petersburg Philharmonic, ademais das máis importantes orquestras españolas. Colaborou con importantes directores entre os que destacan Maxim Vengerov, Gidon Kremer, Gu?nter Herbig, Eiji Oue, Krysztof Penderecki, Juanjo Mena, Vladimir Spivakov, Krzystof Penderecki, Marzio Conti, Pedro Halffter, Pinchas Steinberg, Ivor Bolton, Jesús López Cobos, Yuri Temirkanov, Josep Pons, Zubin Mehta, etc. E ten actuado no Carnegie Hall de Nova York, Concertgebouw de Ámsterdam, Wiener Konzerthaus, Frankfurter Alte Oper, Wigmore Hall de Londres, Bayreuth Opernhaus, Teatro do Hermitage de San Petersburgo por nomear algúns. Nomeada ‘ECHO Rising Star’ (Estrela emerxente ECHO) para a tempada 2013/14 pola European Concert Halls Organisation, toca un violín de Nicola Gagliano de 1762.

Música matérica
GRUPO COSMOS 21
CARLOS GALÁN director
VICENTE MARTÍNEZ frauta 1
ELÍDES HERNANDIS trombón 2
CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
Sábado, 26 de outubro
20:30 h


Carlos Galán (1963)
Casiopea, Op. 83, Música matérica XXXIV (2012)


Federico Mompou (1893-1987)
Música Callada: Primer cuaderno I-V (arr. Valentín Ruiz, 2003)


Federico Mompou (1893?1987)
Música Callada: Primer cuaderno VI-IX (arr. Román Alís, 2003)


Luis de Pablo (1930)
Federico Mompou “In Memoriam”, de CaligraAías (1987?88)


Consuelo Diez (1958)
Sobre San Juan (2013) *


Carlos Galán (1963)
Noche oscura, Op. 58, Música matérica XVIII (2002)


John Cage (1912?1992)
Rioanji (1964) 1


Jesús Rueda (1961)
L’infinito (2007?2008)


Carlos Galán (1963)
Cage-Chin, Op. 86, Música matérica XXXVII (2012) ** 2

* estrea absoluta
** obra encarga do CNDM

GRUPO COSMOS 21
Presentouse ao público en febreiro de 1988 cun dobre concerto no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Entre as súas últimas actuacións destacan unha xira por Xapón e Italia, a estrea dun concerto de C. Galán coa Orquesta de la Comunidad de Madrid, concertos na Fundación Juan March e na Residencia de Estudantes de Madrid e programas monográficos de Ll. Barber, Gabriel Fernández Álvez, A. Barja e C. Vello, etc. Con ocasión das actividades conmemorativas dos seus 15 anos, o Festival de Outono dedicóulles un ciclo. Para o seu 25º aniversario teñen invitacións do Festival Internacional da Habana e de Trieste Contemporanea. Numerosos compositores teñen escrito para eles e dedicáronlle as súas obras: R. Barce, Ll. Barber, C. Cruz de Castro, T. Marco, J. Roda, J. Iges, Z. de la Cruz, C. Galán, G. Fdz. Álvez, J. C. Torres, J. Mestres Quadreny, D. Zimbaldo, V. Ruiz, R. Alís, J. Legido, M. Zavala, J. L. Turina, F. Palacios, R. Mosquera, M. Manchado, E. Muñoz, J. Rguez. Picó, M. Seco, E. Igoa, J. Durán-Loriga, A. de la Barrera, L. de la Barrera, M. Tevar, J. Legido, M. Angulo, G. Alonso, G. P. Coral, S. Procaccioli, F. P. Tedesco, M. Pitino, M. Bonifacio, G. Colombo Taccani, M. Pusceddu, etc. Gravaron practicamente todo o seu repertorio para RNE. Cosmos 21 foi pioneiro en Europa na consideración do concerto como un espectáculo integral.

CARLOS GALÁN director
Nado en 1963 en Madrid, graduouse no Real Conservatorio desta cidade e ampliou a súa formación en Italia, Bélxica, Polonia, Alemaña e Hungría. Dedicado ao repertorio contemporáneo, realizou a estrea de máis dunha centena de obras. É fundador e director do Grupo Cosmos 21. Obtivo numerosos premios de composición: Premio C. Halffter, Premio M. Varcárcel, Tribuna de Compositores da Fundación March, SGAE 1991, TIM 2000, etc., e realizou encargas do Teatro da Zarzuela, ORCAM, CBA, CDMC, Y. Mikhashoff, Orquestra Solistas de Sofía, Trieste Contemporanea e Semana de Música Religiosa de Cuenca. A súa obra programouse en festivais de Inglaterra, España, Italia, Alemaña, Arxentina, Bulgaria, Estados Unidos, Rusia, México e Portugal. En 2010 estreou, como director de escena e musical, a ópera a Babel no Teatro da Zarzuela. Dirixiu a Orquestra da Radio Búlgara na gravación dun compacto monográfico da súa música orquestral.

Música e poesía, a roda do tempo
SONOR ENSEMBLE
LUIS AGUIRRE director
FEDERICO JUSID piano
GUDRÚN ÓLAFSDÓTTIR mezzosoprano
CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
Luns, 28 de outubro
20:30 h



Oliver Rappoport (1980)
Preludio para un aniversario (2013) **


Román Alís (1931-2006)
Tres canciones de La roda del temps sobre poemas de Salvador Espriu (1982)


Delfín Colomé (1946-2008)
De algo incierto, 5 canciones sobre poemas de Anunciada Fernández de Córdova (2006)


Eurico Carrapatoso (1962)
Reflexões sobre Peer Gynt (2011)


Federico García Lorca (1898-1936) / Federico Jusid (1973)
5 canciones populares españolas (1916/2005)


José Luis Turina (1956)
Dos tangos, de Danzas entrelazadas (2011) *


Federico Jusid (1973)
Tango variations, para piano y ensemble (2010)


* obra encarga do CDMC
** obra encarga de Sonor Ensemble

SONOR ENSEMBLE

É un conxunto de cámara formado por solistas e profesores con gran experiencia sinfónica e de cámara. Sen esquecer as obras fundamentais do Barroco, o Clasicismo, o Romanticismo e o século XX, mantivo unha destacada política de estreas desde a súa fundación. Moi diversos compositores escribiron ou escriben obras para Sonor Ensemble, entre outros: Zulema da Cruz, Ángel Oliver, Manuel Angulo, Claudio Prieto, Delfín Colomé, Javier Jacinto, Federico Jusid, Gustavo Gini, Oliver Rappoport, Gloria Isabel Ramos, Rodrigo Lima, Eurico Carrapatoso, José Luis Turina, Santiago Quintáns, etc. Máis de cen actuacións e unha trintena de estreas falan da importante bagaxe dunha agrupación que actuou en diferentes concertos e festivais en España, Bulgaria, Finlandia, Suecia, Suíza, China, Corea do Sur, Rusia, Italia, Portugal, Arxentina e Francia. Gravou para RNE, RTVE e a Fundación Autor.

LUIS AGUIRRE director
Nado en Madrid, realizou estudos de economía na Universidade Autónoma e de piano, composición e dirección de orquestra no Real Conservatorio Superior de Música, ampliando estudos na Guildhall School of Music and Drama (Londres), no Mozarteum (Salsburgo) e na Universidade de Indiana. Durante 1986 e 1987 foi director asistente da Orquesta Nacional de España, e entre 1995 e 1997 foi director titular e artístico da Orquesta Pablo Sarasate de Pamplona. Desde a súa creación en 2004 é director musical e artístico de Sonor Ensemble. Actuou en numerosos países de Europa, América, África e Asia, e realizou gravacións para RNE, TV5, RTVE e a Fundación Autor. Dirixiu, entre outras, a New Orchestra of Boston, a Bournemouth Symphony Orchestra, Solistas do Metropolitan de Nova York, a Sinfónica de Santa Fe, a Filharmónica de Jalisco, The Nairobi Orchestra, a Sinfónica Nacional Portuguesa, a Orquesta Nacional de España, a Sinfónica de RTVE, a Sinfónica de Madrid e a maioría das orquestras sinfónicas españolas.

FEDERICO JUSID piano
Nado en Bos Aires ofreceu concertos como solista en Estados Unidos, Alemaña, Francia, Italia, Israel, España, Bélxica e Arxentina. Actuou con numerosas orquestras e foi premiado en concursos internacionais en Bos Aires, París e Nova York. Como compositor foi distinguido pola súa obra no Ibla Composition Contest (Sicilia) e compuxo máis dunha trintena de partituras orixinais para longametraxes que lle valeron premios en festivais internacionais de cine. A súa banda sonora para a película El secreto de sus ojos, Oscar á mellor película estranxeira 2010, foi nomeada para os premios Goya. Compuxo a banda sonora de importantes series televisivas. A súa produción sinfónica e de cámara foi interpretada nunha ducia de países de América, Europa e Asia.

Crossing, vangardas
ENSEMBLE MODERN
FABIÁN PANISELLO director
Teatro Principal
Martes, 29 de outubro
20:30 h


Elena Mendoza (1973)
Retrato improbable **


Bernd Franke (1959)
obra por determinar encarga do CNDM e do Goethe Institute (2013) *


Enno Poppe (1969)
Koffer, para ensemble e electrónica (2013) **


Fabián Panisello (1963)
obra por determinar, encarga do CNDM e do Goethe Institute (2013) *


* estrea absoluta
** estrea en España

ENSEMBLE MODERN
Fundado en 1980 e establecido en Frankfurt am Main desde 1985, Ensemble Modern (EM) é un dos principais grupos de música contemporánea do mundo. É famoso pola súa particular organización e método de traballo así como pola súa excepcional e característica programación composta por teatro musical, danza e proxeccións de vídeo, música de cámara, concertos para conxunto instrumental e para orquestra. O grupo realizou numerosas xiras en África, Australia, China, India, Xapón, Corea, América do Sur, Taiwán, Rusia e Estados Unidos. Ofrece ao redor de cen concertos ao ano, e actúa con asiduidade en prestixiosos festivais e salas de música de todo o mundo. Esfórzase por conseguir o máis alto grao de autenticidade grazas ao seu traballo conxunto cos compositores e ensaian unha media de 70 obras novas cada ano, 20 das cales son estreas absolutas. A emisora hr2-kultur é asociado cultural do Ensemble Modern.

FABIÁN PANISELLO director
Nado en Bos Aires en 1963, seguiu cursos de Elliott Carter, Isang Yun, Franco Donatoni, Luis de Pablo, Brian Ferneyough, Karlheinz Stockhausen, Luciano Berio (do que foi director asistente) e Pierre Boulez. Desde 1994 compaxina o seu cargo de director académico da Escola Superior de Música Reina Sofía coas tarefas de compositor e director de orquestra. Fundador e director de Plural Ensemble, desempeña un notable labor de divulgación do repertorio actual nos principais festivais de música contemporánea do mundo. Algunhas das súas pezas foron interpretadas por Pierre Boulez (Aksaks), Peter Eötvös (Mandala), Susanna Mälkki (Movements for piano and orchestr) e Cuarteto Arditti (Tres movimientos para cuarteto). Entre as súas creacións máis recentes, destaca o monodrama L´officina della resurrezione sobre texto de Erri De Luca.

MARCOS ESCOBAR violín
BERTA FRESCO piano
Paraninfo da Universidade
Facultade de Xeografía e Historia
Mércores, 30 de outubro
20:30 h


Jesús González (1965)
Cantiga (2011)
Cantiga 2 (2012) *
violín e piano
Cantiga?Filipense (2012)
piano


Juan Carlos Fontana (1963)
Arde Lorenzo (2010)
violín e piano
Manuel Rodeiro (1965)
Luar (1990)
piano


Antón L. Pulido (1971)
Sonata (2013) *
violín e piano


* estrea absoluta

Este programa de concerto ofrece, a partir das obras e estreas de catro compositores, unha perspectiva representativa da música contemporánea galega. O violín e o piano son os instrumentos encargados de achegarnos unhas obras tanto sensibles como enérxicas, tanto tranquilas como íntimas… Música actual, pero sen complexos, que nos fará apreciar as riquezas tímbricas e expresivas destes dous instumentos a través das pezas nadas da inspiración de Manuel Rodeiro, Jesús González, Juan Carlos Fontana e Antón Pulido.

MARCOS ESCOBAR violín
Nado en Vigo, estudou no Conservatorio Superior da súa cidade natal, onde se graduou coas máximas cualificacións. No Conservatorio de Bruxelas e no Conservatorio de Utrecht finalizou os seus estudos de posgrao. Estudou cos profesores M. Martínez, E. Kleve, J. Torre, E. Koskinen e K. Turpie. Asistiu a clases maxistrais con S. Mintz, I. Rashkowsky, G. Claret, O. Vilkomirskaya e D. White. Formou parte da Joven Orquesta Nacional de España, da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e colabora asiduamente coa Sinfónica de Galicia. Forma parte tamén da Orquestra Spanniard. No eido da música contemporánea traballou co Ensemble de Música do CGAC e con Ensemble Nordesía. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e concertino na orquestra Vigo 430.

BERTA FRESCO piano
Naceu en Getxo, e cursou os seus primeiros estudos no Conservatorio de Leioa. Realizou o grao superior no Conservatorio de Vitoria con A. Neto, conseguindo o Premio de Honra Fin de Carreira, e un posgrao de piano na Royal Academy of Music con C. Elton. No Conservatorio de Utrecht estudou co profesor D. Kuijken e clave con M. Visser. Recibiu clases maxistrais de F. Gevers, A. Cano, J. Achúcarro, E. Jiménez, E. Kolodin, J. Wijn, A. Jazsinsky, J. Gruithuyzen e M. Perahia. Obtivo premios nos concursos de Gernika, Else Cros, Lilian Davies, Albacete e Donostia. Actualmente compaxina a súa actividade concertística (recentemente realizou concertos en Perú e México) e como profesora de piano no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Clausura
Britten centenario
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
PAUL DANIEL director
BARBARA SWITALSKA violoncello
Auditorio de Galicia
Xoves 31 de outubro
21.00 h


Parte I
Fernando Buide del Real (1980)
Tropos (2008)
Michael Tippett (1905?1998)
Fantasía concertante sobre un tema de Corelli (Omaggio a Italia) (1953)


Parte II
Michel van der Aa (1970)
Up Close, para violoncello solista, ensemble de cordas e filme (2010)


Benjamin Britten (1973-1996)
Suite de temas populares ingleses “A time There Was”, Op. 90 (1970)

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Inicia a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), onde presenta a súa tempada estable de concertos. Paul Daniel é o seu director titular e artístico. Foi dirixida, entre outros, por Frans Brüggen, Juanjo Mena, David A_kham ou Hansjörg Schellenberger. Con ela actuaron os mellores intérpretes: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope, Vadim Repin, Natalia Gutman, Lluís Claret, Enrico Dindo, Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder, Eldar Nebolsin, Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. Realizou diversas xiras a Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal. Potencia a súa actividade cun ciclo de cámara e cos concertos didácticos para escolares co Auditorio de Galicia, o que posibilita que cada ano uns sete mil escolares poidan coñecer mellor a música sinfónica. En 2009 presentou dous traballos discográ_icos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou e, en 2012, un novo disco dedicado a Ravel.

PAUL DANIEL director
Desde xaneiro de 2013 é director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia. Tamén é responsable da dirección musical da Orquestra Nacional de Bordeos e principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth. Foi director musical da English National Opera e das óperas Factory e North e director invitado das máis destacadas orquestras do mundo. A súa gravación da Sinfonía núm. 3 de Elgar / Payne, coa Bournemouth Symphony Orchestra, foi un dos discos de música clásica máis vendidos do 2000. Entre os seus compromisos operísticos destacan Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro, para a English National Opera, e un dobre cartel, con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg, para a Ópera Nacional de París. Dos premios que recibiu destaca un Olivier pola súa achega á ópera e un Gramophone pola súa serie sobre música inglesa. Nos New Year´s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

BARBARA SWITALSKA violoncello
Nada en Wroclaw, foi ganadora do Concurso Nacional de violoncello de Polonia e galardoada con diversos premios. Actuou como solista en diversos países de Europa e América: Teatro Arriaga (Bilbao), Teatro da Maestranza (Sevilla) e a Fundación March e o Auditorio Nacional de Música (Madrid). Como intérprete de música de cámara desenvolve unha intensa actividade nos festivais internacionais e colaborou con músicos e agrupacións como Arnulf von Arnim, León Spierer, Ivan Monighetti, Michael Portal, María João Pires e Quinteto Miró. Actuou como solista coa Real Filharmonía
de Galicia e Antoni Ros Marbà, interpretando as Variacións sobre un tema rococó de Chaikovski, e coa Orquesta Sinfónica de Córdoba, baixo a dirección de Manuel Hernández Silva. Na actualidade é violoncelista coprincipal da Real Filharmonía de Galicia e profesora de violoncello na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Ademais é membro dun trío de piano formado xunto a Elina Viksne e Ilona Timchenko.