O CGAC participa na quinta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.
A actividade, interrompida durante algúns anos, recuperouse en 2012, froito da iniciativa e coordinación do Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e o CGAC, co mesmo espírito de traballo e colaboración institucional que caracterizara o proxecto no seu inicio.
Desde 2013, as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago contan ademais co apoio da Fundación Cidade da Cultura e coa colaboración na organización, programación, crecemento, difusión e proxección do Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) e do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM).
Baixo o título Con’Ciencia’ da Palabra, as Xornadas de Música Contemporánea, regresan a Compostela nos meses de outubro e novembro 2016 co obxectivo de promover e difundir a últimas tendencias e a innovación da música culta actual.
Entrada libre até completar capacidade do auditorio.
Novembro
Viernes 25, 20:30 h. Concerto SH4K3SP34R3 e presentación de Jorge Sacido Romero, profesor de Literatura Inglesa da USC.
Álex Salgueiro, fagot; Joan Ibáñez, frauta; David Villa, óboe; Benxa Iglesias, trompa e Antonio Suarez, clarinete.
Folleto
