Carrusel de imaxes de exposición

Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

LUGAR: CONTINXENCIAS DE USO

22 Xuño 2017 - 29 Outubro 2017
Comisariado:
Susana González
Artistas:
Patricia Esquivias, Luciana Lamothe & Sofía Táboas

Lugar: continxencias de uso constitúe un achegamento á significación existencial do espazo arquitectónico. O proxecto mostra obras site-specific das artistas Patricia Esquivias, Luciana Lamothe e Sofía Táboas producidas para distintas localizacións do edificio de Álvaro Siza. A orixe das súas propostas desenvólvese no ámbito da cidade contemporánea e a arquitectura, á vez que teñen como denominador común a promoción de actos que interpelan contornas arquitectónicas concretas. Os seus traballos falan do tectónico, da morfoloxía dos materiais aos elementos construtivos; da dimensión histórica e simbólica á perceptiva e cognitiva, que é en último termo o fin que xustifica a construción espacial e polo tanto a arquitectura.


Visitas guiadas á exposición por Susana González (comisaria da mostra) e/ou Santiago Olmo (director do centro) ás 12 horas os días 27 de xullo e 3, 10, 24 e 31 de agosto, 22 de setembro e 19 de outubro. Entrada libre. Non é preciso apuntarse previamente.


Vídeo de presentación

Folleto da exposición

Novas relacionadas

Recursos bibliográficos